|
Os implantes dentais
O
Doutor Pardiñas é pioneiro en Galicia na utilización
de implantes dentais, cunha experiencia acumulada dende o
ano 1989.
Dentro
das múltiples marcas comerciais utilizamos as mellores
do mercado (BTI,
sistema
Branemark de Nobel
Biocare, entre outras).
|
|
| Bocas
totalmente rehabilitadas con implantes na Clínica |
A
boca no conxunto da nosa cara é a primeira tarxeta
de presentación. Coa palabra comunicámonos cos
demáis. A expresión da boca pode delatar o noso
estado de ánimo. Con ela bicamos e ademáis por
ela nos alimentamos e respiramos. É pois fundamental
para a nosa existencia e a nosa vida de relación.
Dentro
da nosa boca, entre outras moitas cousas, hai unhas estructuras
ben coñecidas por todos que son os dentes. Nos adultos
o número é de 32 se contabilizados as moas do
xuizo ou cordais. Cada grupo de dentes ten unha función
determinada en relación coa alimentación: os
incisivos cortan, os canteiros desgarran e os premolares e
molares trituran, ademáis de ter unha grande importancia
na estética.
 |
Desgraciadamente
a moitos de nós fáltannos unha ou máis
pezas dentarias, xa fóra por caries, pola enfermidade
periodontal (piorrea) ou por traumatismos.
|
|
Panorámica
dun desdentado total con rehabilitación sobre
implantes con dentes totalmente fixos
|
Estas
"mutilacións" fan que a función masticatoria
e/ou a estética se vexan alteradas en maior ou menor
grao.
| Antigamente
a sustitución dos dentes perdidos facíase
mediante próteses de distintos tipos: removibles
con bases nas enxivas e ganchos, removibles completas
(as clásicas dentaduras cando faltan tódolos
dentes) ou fixas apoiadas nos nósos dentes
permanentes; o cal neste caso implica "rebaixar"
as pezas dos lados para colocarlles unhas fundas de suxeción. |
 |
Ponte
de sete pezas para atornillar a catro implantes
|
Hoxe
en día existe outra alternativa: "os Implantes
Dentais". Con eles pretendemos non talar os nosos
dentes e tamén buscamos eliminar na medida do posible
as próteses removibles.
|