|
A
Clínica Dental Pardiñas é a primeira
clínica dental de Galicia en obter a ISO 9001, e a
terceira de España en obter o certificado de AENOR.
Unha
auditoría independente confirma que a Clínica
Dental Pardiñas é a primeira en Galicia que
cumple os máis altos estándares de calidade.

Certificado
AENOR
|

Certificado
internacional de calidade IQNet |
O
proceso, comezado en 2002 e que concluíu en 2003, representa
un respaldo internacional de primeira liña o noso proceso
asistencial e, ó mesmo tempo, ratifica os obxetivos
elexidos pola Clínica dende os seus oríxenes:
compromiso coa calidade, satisfacción do cliente e
mellora continua. A Clínica Dental Pardiñas
é agora un referente para tódalas clínicas
e doentes que busquen a calidade en Galicia.
Para
obter o nivel de certificación ISO 9001:2000, a Clínica
Dental Pardiñas tivo que satisfacer os estándares
de calidade máis elevados. Os
requisitos inclúen un maior fincapé en conseguir
e medir a satisfacción dos clientes, a adhesión
rigurosa a un modelo de proceso estreitamente ligado ás
prácticas da Clínica e un proceso para continuar
mellorando, tal como esixe o sistema de xestión de
calidade da Clínica. É, en definitiva, buscar
constantemente a satisfacción do doente a través
das prácticas dentais máis rigurosas.
As
auditorías independentes levadas a cabo nas instalacións
da Clínica Dental Pardiñas confirman que tódolos
requisitos dos estándares se cumpliron a través
dos diversos sistemas e procedementos. A auditoría
do equipo de AENOR identificou especialmente o seguimento
realizado sobre o servicio prestado ó doente ó
longo de todo o proceso sanitario, dende citación,
revisións, etc.
"A
certificación ISO 9001:2000 demostra que o compromiso
da Clínica Pardiñas coa calidade e cos nosos
doentes trascende a tódolos aspectos da Clínica,"
afirma o Dr. José Pardiñas. "Ofrece unha
validación independente dos rigurosos proceses que
puxemos en marcha para aumentar a satisfacción dos
nosos doentes e situalos como o máis importante."
Acerca
de ISO
A obtención do certificado supón o recoñecemento
dunhas pautas de traballo correctas e un compromiso continuo
de mellora. A Certificación de Calidade consta dun
certificado de empresa rexistrada
por AENOR
(n° ER 1672/2003), de data 2003-10-24 e do certificado
IQNET que facilita a aceptación internacional do citado
recoñecemento.
ISO,
International Organization for Standardization, establecida
dende 1947, é unha federación mundial que reúne
organismos de normalización de máis de 140 países.
O seu traballo ten como resultado acordos internacionais que
se publican como estándares internacionais. A familia
de estándares ISO representa un consenso internacional
en boas prácticas de xestión da calidade co
obxetivo de asegurar que as organizacións ofrezan productos
ou servicios que cumplan os requisitos de calidade vitais
para os clientes.
|