Somos especialistas
 
Inicio do espacio web A clínica Pardiñas: información xeral Información sobre a súa primeira visita O módulo interactivo


ISO 9001:2000
ISO 9001:2000

 

Despois dos tratamentos cirúrxicos
convén que siga unhas normas

 



Normas a seguir despois de
tratamentos cirúrxicos en boca

  • Aplique frío local na zona externa de forma intermitente durante unhas horas (pode utilizar uns cubiños do conxelador envoltos nun pano).
  • Durante as primeiras horas non debe tomar ningún alimento nin bebida quente. Si poderá beber auga.
  • Tras unhas poucas horas poderá tomar alimentos líquidos e/ou brandos, pero nunca quentes o primeiro día. Nos días seguintes pode tomar calquera alimento que non sexa excesivamente duro para non danar a ferida.
  • Procure non fumar nin facer esforzos físicos importantes durante uns días.
  • No caso de sangrado colla unha gasa seca compacta e aplíquea na zona presionando coa boca pechada durante 15 ou 20 minutos.
  • Evite facer enxuagues enérxicos durante as primeiras horas para non levantar coágulos e provocar hemorraxias.
  • Pode acontecer dor post-operatorio que adoita ceder co tratamento prescrito
  • A hinchazón e hematomas adoitan ser frecuentes. Nos casos de cirurxías de implantes, de moas do xuizo ou tratamentos periodontais poden ser moi aparatosos.
  • É importante durante os primeiros días non tomar aspirina como analxésico, posto que pode provocar hemorraxias.
  • Se ten algún problema coa intervención, non dubide en telefonear.
  • As pezas extraídas, excepto as moas do xuizo, deberán ser reemplazadas antes dos 8 meses. Así se manterá a estética facial e poderá ser conservado o funcionamento normal das pezas que quedan na boca e de todo o aparato dixestivo.

 

 

Implantes dentais e próteses
Enfermidades das enxivas (periodontais)
Ortodoncia

Estética dental

Rexeración do óso maxilar
Outras consideracións bucodentais
    Halitose
    Problemas en apertura e peche da boca
  NORMAS TRAS OPERACIÓNS CIRÚRXICAS
    Falsas expectativas

 

Dirección de la clínica E-mail de la Clínica Pardiñas