|
Preguntas
e Respostas os seus problemas dentais: Ortodoncias
Preguntas
frecuentes
¿A
qué idade se pode realizar un tratamento ortodóncico?
¿Cáles
son as causas dos problemas ortodóncicos?
¿Cómo
se corrixen os problemas ortodóncicos?
¿Existen
aparatos ortodóncicos que se noten menos?
¿Cánto
tempo dura o tratamento?
¿Cómo
cepillarse os dentes ó ter o aparato posto?
¿A
qué idade se pode realizar un tratamento ortodóncico?
O
proceso biolóxico implicado en mover os dentes é
o mesmo para calquera idade. Tanto os nenos como os adultos
pódense beneficiar dos tratamentos ortodóncicos.
Recoméndase que tódolos nenos reciban unha avaliación
ortodóncica cando teñen arredor de sete anos.
Existen casos onde hai que facer unha preortodoncia a estas
idades, e outros onde é máis conveniente comezar
cando xa teñan tódalas pezas definitivas en
boca (ós 11 - 13 anos).
O
tratamento pode ser un pouco máis longo nos adultos.
Como
os ósos dos adultos xa non crecen máis, certas
correccións ás veces non se poden realizar únicamente
mediante aparatos ortodóncicos.
¿Cáles
son as causas dos problemas ortodóncicos?
Un
problema ortodóncico é unha "falta de oclusión
axeitada". Algúns exemplos de causas de esta falta
de oclusión poden ser dentes que faltan, máis
dentes dos normais, maxilares non alineados, ou dentes que
non crecen rectos.
A
maioría das faltas de oclusión herdánse,
ainda que tamén se poden adquirir. As faltas de oclusión
adquiridas poden ser causadas por accidentes, perda temprana
ou tardía dos dentes de leite, ou succión de
dedos durante un tempo prolongado.
¿Cómo
se corrixen os problemas ortodóncicos?
En
primeiro lugar, realízanse anotacións previas
ó tratamento. Estas anotacións son ferramentas
importantes para o ortodoncista para realizar un diagnóstico
seguro. Deben incluir a historia médica e dental do
doente, un exame clínico, fotografías, radiografías
da boca e os dentes, un molde de xeso dos dentes. Esta información
será usada para decidir o mellor tratamento.
Normalmente
trázase un tratamento adaptado a cada caso. Constrúese
o dispositivo ou aparato axeitado. Hai moitos tipos de aparatos
que se poden usar.
Cando
se coloca o aparato ortodóncico comeza a fase de "tratamento
activo". Os aparatos axústanse periódicamente
para asegurar que os dentes se moven na direccion correcta
e de forma eficiente.
O
tempo necesario para o tratamento ortodóncico varía
para cada persoa. Un factor importante para a duración
do tratamento é o ben que o doente coopere durante
o tratamento. Por exemplo, se segue tódalas instruccións
entregadas polo ortodoncista.
¿Existen
aparatos ortodóncicos que se noten menos?
Os
aparatos ortodóncicos da actualidade nótanse,
por regla xeral, moito menos que os de fai uns anos. Os brackets
(a parte do aparato que suxeita os arames) están pegados
á parte frontal do dente. Estes brackets poden
ser de cor metal, de cor branco, ou transparentes.
Nalgúns casos, os brackets poden ser postos na parte
posterior do dente (linguais). Os arames na actualidade fanse
de materiais avanzados que exercen unha presión constante
no dente, conseguindo un proceso de movemento máis
rápido e máis cómodo para os doentes.
¿Cánto
tempo dura o tratamento?
Ainda
que o tempo medio de tratamento é de 24 meses, esto
varía para cada doente. Normalmente, o tratamento para
adultos leva un pouco máis que o de nenos. Outros factores
a ter en conta son a gravidade do problema, a saúde
do dente, enxivas e ósos, e cómo o doente segue
as indicacións do ortodoncista.
Ainda
que o tratamento ortodóncico require un compromiso
temporal, a maioría dos doentes cren que os beneficios
compensan o tempo invertido.
¿Cómo
cepillarse os dentes ó ter o aparato posto?
Unha
vez cun aparato ortodóncico, o cepillado necesitará
un pouco máis de tempo e de pericia porque ó
levar brackets existen máis recovecos onde se
acumula con máis facilidade a placa dental.
|