Somos especialistas
 
Inicio do espacio web A clínica Pardiñas: información xeral Información sobre a súa primeira visita O módulo interactivo


ISO 9001:2000
ISO 9001:2000

 

Unha visita á Clínica
Unha consulta coa nosa ortodoncista é a mellor forma de saber se Vd. se pode beneficiar dun tratamento de ortodoncia.

 


 

A ortodoncia encárgase de colocar os dentes na posición correcta para mellorar a estética e a función masticatoria.


A Dra. Carmen López Prieto é a especialista en ortodoncia da Clínica Pardiñas. Tanto para nenos como para adultos, a ortodoncia é unha inversión moi rendible a longo prazo.

Ortodoncia para nenos

Normalmente recoméndase que tódolos nenos se fagan un exame ortodóncico ós sete anos como moi tarde.

¿Por qué ós sete anos ou antes?

  • Os primeiros molares adoitan sair ós 6 anos. A esa idade, o ortodoncista pode avaliar os maxilares e dentes do neno para ver se a dentadura "pecha" ben e para previr problemas potenciais no uso dos seus dentes.
  • Antes del tratamientoOs incisivos comezaron a saír, e os problemas pódense detectar máis doadamente.
  • Unha avalicación a tempo suporá bos beneficios de tratamento. Estes beneficios poden ser:
  • Permite influenciar o crecemento mandibular de maneira positiva
  • Harmoniza o tamaño das arcadas dentais
  • Entrecruzamiento dentario ya solucionadoMellora os tipos de erupción dental
  • Corrixe malos hábitos dentais
  • Mellora a estética da persoa e a autoestima
  • Simplifica e/ou acorta o tratamento de tratamentos ortodóncicos posteriores
  • Axuda a mellorar problemas de linguaxe
  • Mantén ou aumenta o espacio de dentes que aínda non saíron para que crezan ben.

Ortodoncia para adultos

Cando se deixan sen tratar, moitos problemas de ortodoncia empeoran. O tratamento por un especialista para correxir o problema orixinal a miúdo custa menos que os tratamentos dentais adicionais necesarios para tratar problemas máis serios que se poden desenvolver en anos posteriores.

Ortodoncia de adultos: Antes do tratamiento

Un tratamento de ortodoncia é un cambio sempre para mellor, independentemente da súa idade. Os proceses biolóxicos implicados nos movementos dentais é o mesmo en adultos que en nenos. A saúde dos seus dentes, enxivas e óso é o factor máis importante para determinar os posibles resultados dun tratamento ortodóncico.

Ortodoncia de adulto: Despois do tratamiento

Como os ósos faciais dos adultos xa non crecen, algunhas correccións non se poden lograr únicamente mediante aparatos ortodónticos. Pódense conseguir impresionantes cambios faciais cunha combinación de cirurxía e ortodoncia. No caso de que Vd. necesitase este tipo de tratamento, o seu especialista explicaríalle tódolos procedementos a levar a cabo.

¿Cómo é a vida cun aparato de ortodoncia para un adulto?

Probablemente lle interese saber se o uso dun aparato de ortodoncia interfire co seu estilo de vida. ¡Por suposto que non! Pode facer o que sexa cun aparato: cantar, tocar un instrumento musical, sair a cear, bicar...

Existen, sen embargo, uns pequenos inconvenientes, pero non terá ningún problema en adaptarse a eles rápidamente. Caramelos e pipas, por exemplo, estarán fóra do seu alcance. Ademáis, a súa boca e dentes poden estar un pouco máis sensibles despois dos axustes necesarios. E, por suposto, será moi importante que visite o seu odontólogo cunha maior frecuencia para chequeos periódicos.

As novas técnicas e materiais que utiliza na actualidade o seu especialista en ortodoncia reducen as incomodidades en gran medida e diminuíron tanto a frecuencia de visitas o seu odontólogo como a duracion do seu tratamento.

Descubra as ventaxas dun sorriso

Unha consulta coa nosa especialista ortodoncista é a mellor forma de saber se Vd. se pode beneficiar dun tratamento de ortodoncia.

Tras unha avaliación inicial, a doutora normalmente será capaz de dicirlle cómo será o seu tratamento e o custo aproximado. Se decide seguir, faráselle un completo e exhaustivo exame da súa boca, incluíndo moldes, radiografías especiais, e fotografías.

Tras unha análise coidadosa do seu problema, recomendarémoslle o mellor tratamento para mellorar o seu sorriso e función masticatoria.

Unha decisión importante

É unha importante decisión para un adulto a de arranxar os seus dentes. Unha vez que decida tratarse, ó elexir quen lle axudará a obter esa mellora é moi importante para Vd. porque os seus dentes, e posiblemente a súa cara, cambiarán permanentemente.

Nós temos unha longa experiencia no sector e usamos a máis avanzada tecnoloxía, o que supón sempre garantías dun traballo ben feito. Únicamente os mellores ortodoncistas poden seleccionar os mellores métodos e materiais para correxir os problemas de cada persoa.

 

Implantes dentais e próteses
Enfermidades das enxivas (periodontais)
ORTODONCIA
    Preguntas e Respostas

Estética dental

Rexeración de óso maxilar
Outros temas bucodentais

 

Dirección de la clínica E-mail de la Clínica Pardiñas