Somos especialistas
 
Inicio do espacio web A clínica Pardiñas: información xeral Información sobre a súa primeira visita O módulo interactivo


ISO 9001:2000
ISO 9001:2000

 

Cirurxía estética e as súas enxivas

Hai múltiples técnicas de microcirurxía que nos axudan a mellorar ese sorriso.

 


Cirurxía estética das enxivas

En ocasións hai doentes cunha liña de sorriso amplia que detectan unha retracción da enxiva nun ou varios dentes e que lles afea o sorriso. Hoxe en día para solucionar estes problemas hai técnicas de cirurxía mucoxinxival plenamente contrastadas cuns resultados moi aceptables.

É evidente, como sempre, que primeiro hai que facer un diagnóstico correcto do caso, analizar as causas e logo elexir a técnica axeitada para o seu caso particular.

Retracción antes do tratamentoAntes de nada hai que descartar que exista unha enfermidade periodontal de base (piorrea), nese caso primeiro hai que tratar esta. Unha vez analizado o caso e obtidas as conclusións oportunas tomamos a decisión de mellorar a estética, para iso podemos facer dende un inxerto subepitelial (neste caso tomamos un inxerto de texido conxuntivo do paladar e o trasladamos á zona da recesión, o cal a súa vez o cubrimos con enxiva de esa zona); ata facer un colgaxo de doble papila (tomando a enxiva de ambos lados da recesión para unila no centro) ou ben colocando unha membrana de Non existe retracciónpolitetrafluoretileno que nos leva a unha rexeración tisular guiada pola propia membrana.

Podemos tamén alongar uns dentes curtos simplemente facendo unha xinxivectomía, é dicir, sacando parte da enxiva que pode estar recubrindo a coroa dos dentes.

É típico tamén que tras movementos de ortodoncia se poidan comezar a expoñer raíces de algúns dentes, estas retraccións as podemos frear cun inxerto xinxival libre tamén obtido do paladar que trasladamos á base da recesión para crear nesa zona unha banda de enxiva forte coa función de evitar que siga a retracción. Nunha segunda fase podemos traer esa enxiva firme que agora xa temos cara a coroa para tratar de cubrir a recesión.

Hai múltiples técnicas de microcirurxía que nos axudan a mellorar ese sorriso.

 

 
OS IMPLANTES DENTAIS
ENFERMIDADES DAS ENXIVAS
   

Introducción

    Tratamento
    Estética e periodoncia
    Limpeza de boca
  Cirx. estética das enxivas
ORTODONCIA
ESTÉTICA DENTAL
REXENERACIÓN DE ÓSO MAXILAR
OUTROS TEMAS BUCODENTAIS
     

 

Dirección de la clínica E-mail de la Clínica Pardiñas