Somos especialistas
 
Inicio do espacio web A clínica Pardiñas: información xeral Información sobre a súa primeira visita O módulo interactivo


ISO 9001:2000
ISO 9001:2000

 

A enfermidade periodontal e estética:
A enfermidade periodontal inflúe decisivamente na estética do noso rostro

 


Estética e Periodoncia


En moitas ocasións ó facer o diagnóstico dunha enfermidade periodontal atopámonos que despois de realizar os estudios oportunos chegamos á conclusión de que para a súa erradicación necesitamos operar as enxivas. Coa cirurxía de enxivas non buscamos en xeral (salvo casos puntuais onde colocamos algún inxerto) recuperar o óso perdido, senón
estabilizar a enfermidade no momento en que está, é dicir, buscamos que non Encías sanasprogrese para manter os dentes o maior tempo posible.

O obxectivo da cirurxía é eliminar as bolsas periodontais que non son máis que uns espacios que se forman entre a superficie da enxiva e do óso que rodea ós dentes. No fondo destas bolsas hai un metabolismo microbiano que fai que se perpetúe o proceso ó ser imposible poder chegar ó fondo da bolsa (cando esta é profunda) cos medios convencionais de hixiene oral.

Ó realizar a cirurxía eliminamos un collarete da enxiva inflamada arredor do dente e ó mesmo tempo levantamos un colgaxo para poder desbridar todo o fondo da bolsa eBoca con periodontitealisar o óso afectado pola enfermidade. A continuación suturamos a enxiva sobre unha base ósea sana e por suposto xa sen bolsa, con iso buscamos aparte de eliminar todo o proceso inflamatorio-infeccioso, o poder realizar logo unha hixiene correcta.

Esto leva como contrapartida o que ó cambiar a enxiva de posición (eliminamos a bolsa) os dentes quedan máis longos e tanto máis canto maior sexa a perda de óso. Isto é un handicap no sector anterior, na liña de sorriso, sobre todo se o doente ten sorriso xinxival. Nestes casos para evitar este fenómeno séguese unha técnica máis conservadora nestes sectores e se non é posible pola gravidade da enfermidade haberá que realizar un tratamento rehabilitador estético do frente anterior unha vez curada a enfermidade de base.

 

 
OS IMPLANTES DENTAIS
ENFERMIDADES DAS ENXIVAS
   

Introducción

    Tratamento
  Estética e periodoncia
    Limpeza de boca
    Cirx. estética das enxivas
ORTODONCIA
ESTÉTICA DENTAL
REXENERACIÓN DO ÓSO MAXILAR
OUTROS TEMAS BUCODENTAIS
     

 

Dirección de la clínica E-mail de la Clínica Pardiñas