Somos especialistas
 
Inicio A Clínica Pardiñas A súa primeira visita Enlaces, Noticias


ISO 9001:2000
ISO 9001:2000

 

A enfermidade periodontal
É fundamental a prevención e detectar a aquelas persoas que sexan susceptibles xenéticamente

 


A enfermidade periodontal: Unha introducción

Con este nome xenérico desígnase a unha serie de enfermidades que afectan ó aparato de soporte dos dentes e moas.

A máis frecuente deste grupo é a chamada enfermidade periodontal crónica do adulto, vulgarmente coñecidaEstado normal e saudablecomo "piorrea", a cal provoca a maioría da perda de pezas dentarias nesta etapa da vida senón se trata axeitadamente e en estadíos precoces.

Moitas persoas desdentadas total ou parcialmente sono a causa desta enfermidade que se caracteriza por unha destrucción progresiva dos texidos que rodean as raíces dos dentes, é dicir o ligamento periodontal e o óso dos maxilares onde están introducidas as raíces dentarias. Chega un intre en que a perda de óso arredor das raíces é tal que osXinxivite dentes comezan a moverse e estes ó ir quedándose sen os alicerces acaban por caerse, moitas veces sen dor algunha.

Ó ser un proceso que cursa sen dor (excepto que se complique cun absceso agudo) o diagnóstico moitas veces se fai nunha exploración rutinaria. Os sinais que a acompañan adoitan ser sangrado de enxivas (a enfermidade iníciase sempre cunha xinxivite que se vai cronificando), mal sabor de boca e mal alento (halitose). En moitas ocasións o sangrado pode estar enmascarado en fumadores pois o tabaco diminúe a Periodontitis tempranavascularización das enxivas agravando todavía máis o proceso. Por un lado prívanos dun sinal clave como é o sangrado e por outro ó haber menos irrigación fai que os mecanismos de defensa corporais non actúen axeitadamente co cal o proceso tende a avanzar máis rápidamente.

A causa desta enfermidade é infecciosa, os responsables son uns xérmenes que hai na placa bacteriana e no sarro dental, estes ó ir introduciéndose debaixo da enxiva desenvolven un proceso inflamatorio infeccioso que implica a destrucción de eses texidos que sosteñen ós dentes. Ten que haber ademáis un factor predispoñente individual (xenético) que é clave e é o que nos explica o que doentes con moi pouco sarro poidan desenvolver unha enfermidade periodontal agresiva e, viceversa, doentes con moito sarro apenas teñan perdas óseas nos maxilares.

É fundamental a prevención e poder detectar a aquelas persoas que sexan susceptibles para poder instaurar os tratamentos oportunos en estadíos iniciais.

 

 
OS IMPLANTES DENTAIS
ENFERMIDADES DAS ENXIVAS
 

Introducción

    Tratamento
    Estética e periodoncia
    Limpeza de boca
    Cirx. estética das enxivas
ORTODONCIA
ESTÉTICA DENTAL
REXENERACIÓN DE ÓSO MAXILAR
OUTROS TEMAS BUCODENTAIS
     

 

Dirección de la clínica E-mail de la Clínica Pardiñas