|
¿Qué é unha limpeza de boca?
Este
é un termo que debería englobar moito máis
do que o seu nome indica. Non se trata de sacar manchas máis
ou menos antiestéticas soamente, senón que cumple
unha función preventiva da enfermidade
periodontal do adulto. Ó facer unha profilaxe oral
o primeiro que hai que facer é eliminar a placa
e o sarro que está rodeando os
pescozos dos dentes e especialmente o que está introducido
debaixo da enxiva xa que éste é o que realmente
comeza e perpetúa a enfermidade
periodontal. A eliminación deste sarro normalmente
faise con ultrasóns e/ou curetas especialmente deseñadas
para iso. A continuación pásase un chorro de
auga a presión mesturada cun bicarbonato
especial que ten a función de eliminar sobre todo manchas
de tabaco, té, etc. Esto último pódese
facer tamén cuns cepillos especiais conectados ás
pezas de man.
¿Cada
cánto tempo hai que facer unha profilaxe de boca?
Depende
do caso, xa que hai persoas que non a necesitan nunca e outras
cada mes. Neste caso pódese tratar de doentes peridontais
que non controlaron por sí mesmos na súa casa
a placa cos medios que se lle recomendan
(ducha dental, seda dental, cepillo interproximal, etc).
Queremos
resinar con isto que cada boca é un mundo, coas súas
necesidades específicas.
Será
o profesional cualificado o que mellor xuzgue estes tratamentos
preventivos. Se se detecta certa predisposición á
xinxivite ou á "piorrea"
a frecuencia e o control terán que ser máis
a miúdo.
É
normal que despois de eliminar o sarro periférico ás
raíces estas queden máis sensibles durante uns
días, non quere dicir que se vaia a estropear nin que
se lles sacara ou raiara o esmalte. Os aparatos actuais veñen
especialmente deseñados para non raiar o esmalte.
Ó
estar libres de sarro poderemos controlar mellor a nosa hixiene
oral arrastrando a placa cos seus xérmes dos currunchos
que antes non podiamos chegar porque estaba o sarro.
Placa:
Materia branco-amarelenta branda que se acumula sobre os dentes
cando estes non se cepillan axeitadamente. Está formada
por restes de alimentos, células mortas da cavidade
oral, compoñentes do cuspe e bacterias.
A
placa dental ou bacteriana pódese eliminar cun bo cepillado
convencional.
Sarro:
Non é máis que a placa calcificada ó
depositarse sales cálcicas do cuspe sobre a placa.
O sarro, unha vez formado, non se pode eliminar cun cepillado
convencional, precisa dunha limpeza profesional.
|