|
¿Cómo
se trata a enfermidade periodontal crónica do adulto?
Cando
se fai o diagnóstico coa anamnese e o estudio completo
periodontal (serie radiográfica, sondaxe, retraccións
xinxivais, movilidades...) sácanse unhas conclusións
acerca do pronóstico e do tratamento.
É
evidente que se a enfermidade está moi avanzada con
gran perda de óso maxilar arredor das raíces
dentarias e movilidades
importantes pouco se pode facer para manter eses dentes.
En cambio se a perda de óso é incipiente ou
moderada o tratamento soe obter uns resultados excepcionais
para o mantemento deses dentes en saúde a longo prazo
sempre e cando o doente entenda o problema e leve a cabo na
súa casa un estricto control de placa.
Cada
boca é un mundo pero básicamente o tratamento
completo consta de tres fases:
- Fase
hixiénica: onde se elimina o sarro groso e se
lle instrúe ó doente nas técnicas
correctas de cepillado e dos métodos auxiliares
(cepillos interproximais, fío dental, irrigador,
etc.)
- Fase
desinflamatoria: que consiste en facer unhas raspaxes
e alisados das raíces cuns instrumentos chamados
curetas para eliminar o sarro e placa subxinxival.
Esta fase adóitase realizar con anestesia e por cadrantes
(divídese a boca en catro partes). Se a enfermidade
é moderada pode ser dabondo con esta fase e os mantementos
periódicos (limpezas
periódicas profesionais).
- Fase
cirúrxica: unha vez desinflamada a enxiva hai
que eliminar eses fondos de saco (bolsas periodontais) onde
se acantonan os xérmenes. Esta fase realízase
cando as bolsas son moi profundas para poder erradicar todo
o texido inflamatorio e alisar correctamente o óso
que rodea as raíces.
A
continuación a enxiva sutúrase sobre unha base
de óso sano sen que quede xa espacio ou quede moi pouco
entre ésta e o óso, desta forma o doente pode
acceder axeitadamente ós espacios de maneira visible.
É evidente que cando se realiza este tratamento a enxiva
queda máis retraída e as raíces máis
sensibles nos primeiros días.
A
finalidade principal do tratamento é frear a perda
de óso non recuperar o perdido. Esto podríase
facer en determinados casos e con técnicas
rexenerativas de inxertos e/ou membranas.
|