|
Enfermidades
das enxivas
O
Doutor Pardiñas especializouse nun dos maiores problemas
da saúde bucal dos galegos: As enfermidades das enxivas.
Ainda que os odontólogos as ven como un problema importante,
a maioría dos doentes as ignoran ata que se lles diagnostica
en clínica, porque estas enfermidades poden afectar
ás persoas sen producir ningunha dor antes.
¿Cáles
son as enfermidades das enxivas? Son as que afectan o periodonto
(que é a área arredor do dente), e alteran o
soporte do óso que suxeita ó dente. Esto pode
levar a unha perda dentaria. As enfermidades das enxivas maniféstanse
inicialmente como una xinxinvite para
logo converterse en periodontite (enfermidade
periodontal ou piorrea).
A
xinxivite caracterízase por unha inflamación
da enxiva sen afectación do óso que rodea ó
dente. Maniféstase como unha enxiva enroxecida, edematosa,
e que sangra fácilmente. É
unha das enfermidades máis frecuentes do ser humano,
sendo moi común en tódalas idades (ata un 75%
dos rapaces de 20 a 25 anos teñen esta enfermidade).
É
moi importante curar a xinxivite a tempo, porque pode transformarse
nunha periodontite. E o máis importante é que
a este nivel, a enfermidade é reversible e pode ser
eliminada mediante cepillados diarios e uso de seda dental
e colutorios axeitados.
A
periodontite (antigamente chamada piorrea) caracterízase
por unha destrucción do óso que soporta ó
dente, acabando co tempo nunha completa perda dentaria se
non é tratada. Clínicamente
maniféstase como unha enxiva inflamada con presencia
de bolsas periodontais (espacios que se forman debaixo da
enxiva) que se valorarán cunha pequena sonda que mide
a distancia entre a enxiva e o óso, mobilidade ou exposición
da raíz dental. A periodontite é moi rara en
xóvenes e adolescentes, un caso entre 10.000. Sen embargo
a súa frecuencia aumenta coa idade (10% entre 30 e
40 anos; 25-30% entre 50-60 anos).
¿Cál
é a causa da enfermidade periodontal (periodontite)?
Está
provocada por unhas bacterias que se acumulan na placa dental,
a cal se pega arredor dos dentes e que se non eliminamos,
introdúcense entre o dente e a enxiva. Estas bacterias
crean toxinas que danan e inflaman a enxiva. Posteriormente
pódense desplazar por debaixo da enxiva,
migrando a través da raíz do dente e destruir
o óso que suxeita ós dentes.
Certas
condicións son perxudiciais para a evolución
da periodontite, como:
- Xenética
(hai persoas especialmente susceptibles a padecer periodontite)
- Fumar
tabaco
- Estrés
- Embarazo,
pubertade e menopausia
- Fármacos
(contraceptivos orais, antidepresivos, e certas medicacións
cardíacas poden favorecer o desenvolvemento)
- Rechinar
ou apretar fortemente os dentes
- Diabete
- Mala
nutrición
- Outras
enfermidades sistémicas
¿Cáles
son os síntomas e sinais da enfermidade periodontal
(periodontite)?
Poden
ser todos ou algúns dos seguintes:
- Enxivas
sangrantes cando cepillas os dentes, ou ás veces
de maneira espontánea
- Enroxecemento
das enxivas.
- Enxivas
separadas do dente
-
Aparición de abceses , con supuración entre
os dentes e as enxivas
- Mal
alento que non desaparece (halitose)
- Dentes
frouxos (movilidade)
- Sensación
de dentes máis longos e ocos entre eles
- Aumento
da sensación dentaria ó frío
¿Cómo
podo previr a enfermidade periodontal?
- Cepille
os seus dentes ben, como mínimo, dúas veces
ó día. Esto fará que a película
de bacterias se elimine. Debe usar un cepillo en bo estado
e pastas con flúor.
- Utilice
seda dental ou un cepillo interproximal, para eliminar
a bacterias de entre os dentes, e onde os cepillos non chegan.
- Coma
unha dieta equilibrada. Elixa unha variedade de comidas
dos grupos básicos de alimentos, tales como cereais,
frutas, vexetais, carne, peixe, e productos lácteos,
como leite, queixo ou iogur. Limite as comidas entre horas.
- Visite
regularmente o seu dentista. É importante ter
chequeos de forma regular, e
limpezas profesionais.
|