|
Factores
de Crecemento Óseos: A súa importancia para
poder rehabilitar con éxito maxilares atróficos.
O
PRGF (Plasma Rico en Factores de Crecemento)
A
falta de óso axeitado no conxunto ou en parte dos maxilares
implica en moitas ocasións importantes dificultades
para poder rehabilitar unha boca cuns mínimos criterios
funcionais e estéticos.
A
existencia dos propios dentes nos maxilares dentro dos seus
alveolos contribúen dunha maneira definitiva á
conservación do óso que rodea a súas
raíces sempre que non exista unha enfermidade
periodontal crónica (E.P.C.) do adulto activa (piorrea).
Neste caso o efecto é o contrario, pérdese óso
pola propia permanencia dos dentes, co seu periodonto enfermo.
 |
No
caso da existencia de esta enfermidade hai que tratala
para evitar que continúe esa perda progresiva
de óso.
Se
non existe E.P.C., pero hai pezas destruídas
por caries que xa afectan á pulpa, é importante
o seu mantemento na boca realizando a endodoncia ou
os tratamentos oportunos en cada caso. Se fose necesario
a súa extracción, a zona onde estaba insertada
a raíz sempre vai a sufrir unha perda de óso.
|
|
Separación
dos glóbulos vermellos do resto do plasma despois
do centrifugado
|
O
Plasma Rico en Factores de Crecemento (PRGF) é un factor
máis que nos axuda sobre todo a previr a perda de óso
por exemplo despois
dunha extracción ou da intervención dun quiste
maxilar onde doutra maneira quedarían "buratos".
Co PRGF recheamos estas cavidades contribuíndo a que
aí se rexenere o óso axeitado podendo "a
posteriori" colocar os implantes cunha base ósea
correcta.
O
PRGF obténse do sangue do propio doente. Cunha pequena
cantidade pódese obter dunha maneira moi sinxela un
concentrado plaquetario rico en factores de crecemento que
non son máis que proteínas capaces de estimular
o crecemento do óso.
|
Deste xeito podemos preparar áreas futuras de
asen-tamento de implantes.
|

|
|
Fragmento
do plasma rico en proteínas despois da súa
coagulación ó añadirlle Cloruro
Cálcico
|
Con
esta técnica podemos tamén rexenerar óso
xa perdido, por exemplo en maxilares estreitos. Cando os implantes
polo seu grosor expoñen espiras, éstas podemos
cubrilas co PRGF axudados ou non con outros materiais para
gañar espesor de óso a ese nivel. Tamén
podemos gañar altura de óso recheando os senos
paranasais con este material (sinus lift), podendo
así colocar implantes en zonas posteriores do maxilar
superior, territorio en moitas ocasións difícil
pola pouca altura do óso case sempre combinada cunha
pobre calidade do mesmo.
Pode
obter máis información sobre esta técnica
na páxina de BTI
Biotechnology Intitute. |