|
Seguridade e Medio Ambiente
A
máis alta prioridade da Clínica Dental Pardiñas
é asegurarnos de que Vd. como doente, e o noso equipo
estén nun ambiente seguro e agradable. E creemos que
esta seguridade debe axudar a protexer ó medio ambiente
sempre que sexa posible.
Eliminación
de Residuos e Reciclaxe
Os
axentes químicos usados para revelar as placas radiográficas
son sempre re-utilizados
ata esgotar a súa vida útil, e despois enviados
para a súa posterior reciclaxe.
Tódolos
nosos refugallos biolóxicos son recollidos en envases
especiais e tratados segundo as leis en materia de substancias
biolóxicas.
Asimesmo,
procuramos reciclar todo o material co que traballamos: papel,
plástico, vidro, etc.
Radioloxía
e Seguridade Radiolóxica
Na
Clínica Dental Pardiñas utilizamos radioloxía
dixital (RVG) que está informatizada e non é
necesario película nin revelado.
Cando
se precisa radioloxía convencional, os aparatos de
raios X da actualidade requiren que se emita moi pouca radiación,
ademáis utilizamos películas cunha sensibilidade que
permiten doses especialmente baixas.
Ó
combinar estas películas co uso de delantais de chumbo
e collares de tiroides, a exposición á radiación
cando tomamos radiografías é mínima.
Na
clínica Pardiñas tomamos o menor número
de radiografías necesario para obter un diagnóstico
e tratamento seguro.
Os
nosos equipos son calibrados e analisados de xeito regular.
As paredes onde está o ortopantomógrafo están
forradas con chumbo para previr calquera exposición
innecesaria a raios X ó noso persoal e ós nosos
pacientes.
|