|
O noso compromiso é ofrecerlle unha odontoloxía de
alta calidade a través dunha relación de confianza.
Para iso debemos partir dunha boa información previa e non
darlle falsas expectativas.
Unha
vez que vostede chega á consulta, pasaráselle un breve
cuestionario con datos de filiación e antecedentes para descartar
posibles enfermidades ou alerxias.
Nos
gabinetes, os doutores faranlle un
exame oral minucioso dos dentes, enxivas e resto de partes brandas
da cavidade oral. Tomarase unha radiografía panorámica
e as periapicais necesarias para o diagnóstico e a planificación
do tratamento.
Esto
apórtanos uns datos básicos e imprescindibles para
poder realizar un orzamento o máis axustado posible.
Nos
casos onde se detecte unha enfermidade
periodontal (piorrea), en rehabilitacións complexas con
ou sen implantes, en ortodoncias
ou en traballos de alta estética,
é obligatorio un estudio específico previo para poder
enfocar o tratamento coas mellores garantías de éxito.
En
función dos datos obtidos cos estudios dos casos anteriores
emitirase sempre un orzamento (con diferentes alternativas se procede)
que o doente ou titor deberá asinar se é aceptado.
Asimesmo
firmarase un consentimento informado ante determinados tratamentos.
Se
durante o tratamento xurde algunha incidencia que nos obligue a
cambiar o plan director en beneficio do resultado final informaráselle
oportunamente.
Pretendemos
acercarnos á excelencia, e para iso temos controis de calidade
internos e externos:
- Os
internos atañen o noso bo facer profesional: control de
esterilización, uso do instrumental axeitado, materiais
excelentes, técnicas contrastadas, en definitiva, o que
vostede non pode avaliar.
- Os
externos, o que vostede pode analizar obxetivamente: trato, tempos
de espera, hixiene, confort no tratamento, etc.
Enlaces
relacionados:
Pídanos
cita a través da web ou por teléfono.
Arriba
|