CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

O doutor Germán Sebastián Sánchez, un novo dentista para a Clínica Dental Pardiñas

O doutor Germán Sebastián Sánchez incorpórase ao equipo da Clínica Dental Pardiñas e encargarase do campo da Prótese e Estética dentalNa nosa constante busca da mellor atención aos nosos clientes, a Clínica Dental Pardiñas incorporou nas súas filas un novo dentista, o doutor Germán Sebastián Sánchez.

O doutor Germán Sebastián, que se encargará do campo da Prótese e Estética Dental, presenta un currículo á altura do servizo que a clínica ofrece aos nosos pacientes:


· Licenciado en Odontoloxía pola Universidade Europea de Madrid.

· Experto en Odontoloxía Estética pola Universidade Rei Juan Carlos de Madrid.

· Experto en Endodoncia polo Instituto Europeo de Formación Continuada.

· Máster en Odontoloxía Restauradora e Estética da Universitat Internacional de Catalunya.

· Membro da Sociedade Española de Prótese Estomatólogica.
 

Desta forma, o doutor Germán Sebastián Sánchez entrará a formar parte do equipo médico da Clínica, composto actualmente por outros catro membros: o doutor José Pardiñas Arias, a doutora Carmen López Prieto, o doutor Simón Pardiñas López e a doutora Natalia López-Ampudia.

Dende aquí desexarlle toda a sorte nesta nova aventura profesional.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica