CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Historia sobre o escarvadentes

O escarvadentes actualmente é unha parte rutineira da escena dos restaurantes de todo o mundo. Pero non sempre foi así. Xa en 1887 o pequeno escarvadentes fixo o longo ascenso social dende as selvas de Brasil ata os mellores restaurantes de Boston. Foi un grupo de famentos estudantes da Universidade de Harvard os que axudaron a que o escarvadentes fose introducido.

Charles Forster, un nativo de Maine, encontrouse por primeira vez cos escarvadentes en Sudamérica pouco despois da guerra civil de EEUU. Decatouse de que os nativos tallaban estelas de madeira para usalos na eliminación de partículas de alimentos de entre os dentes. Forster quedou impresionado co bo estado dos dentes dos nativos. Cando regresou aos EEUU levou varias caixas de escarvadentes con el.
 

Varios anos máis tarde, Forster construíu unha máquina para producir escarvadentes e abriu unha planta na cidade de Oxford Country, no estado de Maine. "Os donos dos restaurantes de Boston non estaban interesados nos meus escarvadentes", dixo a un entrevistador hai anos. "Non crían que os Bostonianos decentes quererían sentarse despois de cear a furgar nos dentes cunha delgada peza de madeira".

"Durante un tempo estiven preocupado, encontreime con algúns eruditos de Harvard. Estaban todos con presupostos limitados, pero deron a benvida á oportunidade de comer unha boa comida nun bo restaurante. Fixen un arranxo con eles. Ofrecinme a pagar polas súas comidas se me axudaban a vender os meus escarvadentes".


Forster decidiu concentrarse nun restaurante. O seu obxectivo era o famoso Boston Union Oyster House na rúa Unión, que hoxe en día segue aberto e é o restaurante máis antigo dos EEUU. Pensou que se podía facer que os escarvadentes fosen aceptados na Union Oyster House, onde todos os residentes do bo barrio Beacon Hill ían cear, poderían ser aceptados en calquera restaurante da cidade.

Forster contratou aqueles homes de Harvard agradables e ben vestidos para comer no lugar de moda de Boston. "Despois da cea, os estudantes de Harvard, en voz alta, supoñíase que debían pedir ao seu camareiro un escarvadentes. Se o restaurante non os tiña, entón os mozos supoñíase que se queixarían en voz alta, e informarían o camareiro de que nunca máis volverían comer no establecemento " - Recordou. Despois de que cinco ou seis homes de Harvard saísen do restaurante cun ben ensaiado enfado, o Union Oyster House decidiu ter escarvadentes dispoñibles para os seus clientes.

Restaurantes por toda a cidade comezaron a servir escarvadentes aos clientes ao final das comidas. Eran levados en pequenas bandexas.
Unha vez que o pequeno escarvadentes foi socialmente aceptado en Boston, unha cidade señorial naqueles días, pronto estivo dispoñible nos restaurantes de todo o mundo.

Dende entón, Maine converteuse no centro mundial do escarvadentes. Estímase que 100 millóns deles se producen diariamente no estado. Eses son escarvadentes dabondo como para encher un vagón de ferrocarril nunha semana. Existen nunha ampla variedade de formas, tamaños, cores e, sí, mesmo sabores. Postos un detrás doutro, 100 millóns de escarvadentes cubrirían unha distancia de 14000 km.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica