CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

O implante dental máis antigo de Europa?

Recentemente, no norte de Francia, foi descuberto un depósito arqueolóxico funerario en cuxo interior apareceron restos dun posible implante dental. O achado apareceu xunto ao corpo dunha moza enterrada no século III a.C, e non se sabe con certeza se era un implante inserido para substituír un dente caído ou simplemente utilizado para restaurar a integridade visual do cadáver. O feito de que tivese a mesma forma e dimensión que o resto dos dentes sostén a hipótese de que podería ser unha prótese dental.

Aínda que de demostrarse a súa veracidade sostería o descubrimento como o implante dental máis antigo de Europa Occidental, hai constancia de que hai 5500 anos xa había próteses dentais no antigo Exipto. Para máis información podedes acudir directamente aos seus descubridores (en inglés), á noticia da BBC (en inglés) ou a El Mundo (en castelán).

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica