CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Implante dental en Clínica Pardiñas a unha doente de 98 anos

Hermitas F. G. de 98 anos, someteuse a unha cirurxía en Clínica Pardiñas para substituír unha peza dentaria faltante cun implante dental debido a unha fractura.

Tres meses despois, mostra contenta os resultados: "Estou encantada co meu novo implante e non teño ningunha molestia", asegura. A cirurxía que durou 1 hora levouse a cabo con anestesia local e sen complicacións. "A paciente saíu polo seu propio pé e ao cabo dunhas horas colocóuselle a prótese sobre o implante, recuperando así a función e estética", explica o doutor Pardiñas.

Con máis de 6 mil implantes colocados en Clínica Pardiñas en Galicia dende hai máis de 25 anos, nunca antes se realizara unha cirurxía destas características nunha persoa de idade tan avanzada.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica