CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Implantes dentais e prótese nun día. Como é o proceso?

Implantes dentais e prótese nun día. Como é o proceso?Esta técnica consiste en extraer dentes moi danados, a continuación colocar implantes nesas zonas de extracción ou zonas veciñas e ese mesmo día poñer xa uns dentes fixos provisionais sobre eses implantes. É obvio que se o paciente xa é desdentado a técnica é máis sinxela posto que o óso xa está remodelado.

Con isto conseguimos dar calidade de vida ao paciente case de inmediato posto que ao día seguinte xa pode comer e sorrir case con normalidade, dicimos case, porque é evidente que non poderá realizar esforzos mastigatorios importantes, terá que facer dieta branda e ineludiblemente terá que pasar o post-operatorio coa súa inflamación e as súas molestias.

ESTE PROCESO ACHEGA BENEFICIOS PSICOLÓXICOS IMPORTANTES.

Aínda que esta técnica está mundialmente contrastada, para poder levala a cabo necesítase un estudo rigoroso da boca dese paciente, hai que valorar cantidade de óso en anchura e en altura e tamén a calidade deste, a forma de morder, liña de sorriso, relacións anatómicas, etc. Unha vez feito o diagnóstico hai que facer unha planificación axeitada seguindo uns protocolos estritos. Temos que ser capaces de avaliar como van quedar eses dentes antes de empezar. Non a todos os pacientes susceptibles de implantes se lles pode aplicar esta técnica. Se hai infeccións ou o óso non reúne os requisitos axeitados hai que recorrer aos protocolos clásicos, realizando primeiro as extraccións, esperar ao redor de dous meses, colocar os implantes e ao cabo doutros dous ou tres meses máis empezar cos dentes que van sobre eses implantes. Se hai que facer rexeneración ou enxertos de óso tampouco se debe aplicar esta técnica.

ANTES DE COLOCAR A PRÓTESE DEFINITIVA, OS IMPLANTES DEBEN DE ESTAR OSTEOINTEGRADOS.

Os dentes feitos no día que van sobre estes implantes (carga inmediata) aínda que son fixos son provisionais, porque a enxiva e o óso se van ir remodelando e unha vez completada a cicatrización quedarán con espazos. A prótese definitiva colocarase cando finalice o proceso de óseo integración dos implantes e a cicatrización da enxiva, e esta nova prótese definitiva xa farase con outro deseño e outros materiais de máis alta calidade. Máis información neste vídeo (en español).

* Unha publicación do doutor José Pardiñas Arias, médico estomatólogo experto en implantes dentais, enfermidades das enxivas e prótese.

Dr. José Pardiñas Arias

Dr. José Pardiñas Arias