Implantes Dentais Inmediatos

¿QUÉ SON OS IMPLANTES DENTAIS INMEDIATOS?

Boca Rehabilitada en la Clínica Pardiñas A Coruña

Os implantes dentais inmediatos, son implantes dentais que se colocan inmediatamente despois de facer unha ou varias extraccións dentarias, pero isto non quere dicir que se coloquen os implantes dentais e os dentes ao mesmo tiempo. Cando hai un problema nun dente que obriga á súa extracción, por ejemplo unha fractura da súa raíz, pódese planificar o colocar o implante dental inmediatamente despois da extracción sen agardar a que cicatrice a ferida. Isto ten a vantaxe de que se gaña tempo, pero non se pode facer se o diente está infectado. Se isto ocorrese primeiro hai que extraer o diente, liberar correctamente o proceso infeccioso, suturar, dar o tratamento oportuno e esperar ao redor dun ou dous meses. Ao cabo deste tempo pódense xa colocar os implantes dentais (neste caso chamámoslle implantes dentais diferidos).

De calquera xeito, unha vez colocados os implantes dentais hai que agardar a que se "integren" ao óso antes de colocar o dente ou os dentes encima. O tempo de espera entre a colocación dos implantes dentais e a prótese oscila entre 3 e 5 meses dependendo de se é maxilar inferior o superior, (no superior a espera é maior porque a calidade do óso adoita ser peor). Hoxe en día a tendencia é a reducir estes tempos de espera. En moitos casos xa estamos a colocar os implantes dentais e os dentes fixos no mesmo día ou no día seguinte (ver implantes dentais no día).

Durante o tempo de espera pódese colocar unha prótese provisional (xeralmente removible, sobre todo para solucionar zonas de estética) para que o paciente estea o menor tempo posible sen dentes.

Debemos insistir na importancia de individualizar cada caso, cada persoa é un mundo e mesmo dentro da misma boca é frecuente que haxa uns lugares máis problemáticos que outros. O especialista debe ser capaz de facer un diagnóstico previo, claro e preciso, para poder obrar en consecuencia e aplicar os protocolos establecidos coas garantías necesarias.

Na actualidade estamos moi satisfeitos cos resultados deste tratamento polo propio benestar que alcanzan os pacientes. A persoa que vai ser portadora destes implantes dentais debe ser "paciente" e colaborar estreitamente en todas as probas protéticas previas á colocación definitiva dos seus dentes así como seguir os correctos mantementos posteriores.