CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Implantes dentais VS Ponte dental, comparativa - Vídeo 3D

Vídeo 3D comparando os implantes dentais coa ponte dental, dous dos tratamentos utilizados para sbstituír os dentes caídosNeste vídeo en 3d móstrase unha comparativa entre o tratamento con implantes dentais e o tratamento cunha ponte dental para substituír un dente perdido. No tratamento con implantes dentais móstrase a súa colocación e o seu efecto protector na reabsorción do óso, mantendo unha boa estética. No tratamento cunha ponte dental, móstrase o proceso do tallado dos dentes adxacentes para a súa posterior colocación. Represéntase tamén os posibles problemas a longo prazo que poden aparecer, así como as súas solución.

 

Na nosa canle de Youtube poderá encontrar máis vídeos deste tipo, así que o animamos a subscribirse se lle gusta o contido.