CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

A boca dos 232 dentes

Intervido con éxito un adolescente indio que tiña 232 dentes máis dos necesariosEn condicións normais e se lle saíron as moas do xuízo, unha persoa adulta conta con 32 dentes á súa disposición. Pero o mundo non sempre se rexe por condicións normais.

E se non só hai fixarse en que a semana pasada a un adolescente indio se lle extraeron 232 pezas dentais. É dicir, que ese mozo tiña 232 dentes máis dos necesarios no interior da súa boca. A causa, un odontoma complexo polo que unha das enxivas formaba moitos dentes, a xeito de tumor benigno. Aínda que non lle producía dor, afectaba negativamente ao seu aspecto físico e os seus pais decidiron levalo ao hospital, onde foi intervido con éxito.

O corpo humano nunca deixará de sorprendernos.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica