CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

A ortodoncia invisible

A ortodoncia invisible, é aplicable a todos os casos? Toda a información sobre este procedemento aquí.

Os obxectivos da ortodoncia son buscar unha harmonía oclusal entre ambos os dous maxilares para que se poida desenvolver unha boa función mastigadora e unha estética agradable.


O paciente busca só estética e impórtalle pouco se as guías caninas son correctas ou se ten unha mordida cruzada posterior ou ten unha "clase tres". O profesional cualificado, por suposto que pensa na estética pero tamén se preocupa de que a función desa boca sexa adecuada e debe de informar o paciente que estea interesado, de cuales son os obxectivos do tratamento antes de empezalo. Recordemos que hai que tratar de poñerse no lugar do paciente e saber que é o que el imaxina dese tratamento. Nós debemos de ser capaces de explicar ata onde podemos chegar co para non crear falsas expectativas, para iso o diagnóstico cos estudos previos é fundamental.

 

As técnicas na ortodoncia son múltiples e se trata de individualizar cada caso para poder indicar a máis axeitada para cada paciente. Indiscutiblemente, a ortodoncia fixa clásica coas súas diferentes variantes é a máis eficaz, polo control que supón do torque dos dentes. Hoxe xa hai brackets estéticos e tamén ortodoncia lingual. A ortodoncia lingual só se pode utilizar nunha pequena porcentaxe de casos indicados.

Actualmente oímos falar a miúdo da ortodoncia invisible, que é? Trátase de levar na boca unha serie de aparatos removibles transparentes, que van empurrando os dentes pouco a pouco. Require unha serie de cambios sucesivos, cunha periodicidade determinada, pero tamén a súa eficacia esta limitada a aqueles casos nos que o profesional competente o indicou. Non todo vale para todos.



* Unha publicación da doutora Carmen López, médico e odontólogo especialista en ortodoncia e estética dental.

Dra. Carmen López Prieto

Dra. Carmen López Prieto