Introducción

A finalidade da rehabilitación protésica removible é substituir os dentes ausentes mediante aparellos a medida susceptibles de ser retirados da boca polo propio paciente, chamados próteses removibles, para así reparar a perda ou disminución das funcións de masticación e fonación, e limitar o defecto estético.

A finalidade da rehabilitación protésica fixa é repoñer os dentes ausentes mediante unha aparatoloxía protética que queda suxeita permanentemente na boca (é dicir, sen que o paciente poida retirala polos seus propios medios), ben unida a dentes remanentes (prótese fixa convencional), ben unida a implantes (prótese implantosoportada), para así reparar a perda ou disminución das funcións masticadora e fonatoria, e limitar o defecto estético.

Tipos de Próteses:

Removible:

Fixa:

Natureza do tratamento rehabilitador mediante prótese:

A rehabilitación protésica removible ou tratamento mediante prótese parcial removible é un procedemento clínico dirixido a restituír dentes ausentes mediante uns aparellos ou produtos sanitarios a medida «non fixos», é dicir, susceptibles de ser retirados da boca a vontade do propio paciente e en calquera momento, sen necesidade de intervención do dentista.

Esta aparatoloxía removible consta de dentes artificiais que se suxeitan sobre unha base acrílica e/ou metálica. Esta estrutura base, á súa vez, se apóiase sobre a enxiva e suxéitase a dentes remanentes, se é que existen, mediante retenedores (vulgarmente coñecidos como «ganchos»), ou a implantes (sobredentaduras implantorretidas) mediante uns mecanismos de suxección en forma de bolas ou de barras ancoradas aos implantes e unhas abrazadeiras específicas, situadas no interior da prótese.


O aparello protético pode substituir a todos os dentes dunha arcada (prótese completa) ou de só parte deles (prótese parcial).

Os aparellos de prótese completa son de acrílico, aínda que en caso de alerxia poden fabricarse en titanio, un metal moi lixeiro. Suxéitanse por unha especie de efecto «ventosa», aínda que as inferiores desplázanse inevitablemente, case sempre, cos movementos dos beizos e a lingua, é dicir, ao falar, ademais de ao masticar.
Os aparellos parciais, é dicir, os que substitúen a unha parte dos dentes (e non á totalidade) poden ser:

  • Metálicos (xeralmente de cromo-cobalto, aínda que en casos de alerxia poden ser de ouro), chamadas próteses esqueléticas
  • Acrílicos.

A rehabilitación protésica fixa ou tratamento mediante prótese fixa é un procedemento clínico dirixido a restituír dentes ausentes mediante unha aparatoloxía fixa, unida permanentemente a algún/s dentes naturais que quedan na boca ou a implantes oseointegrados. A diferenza da prótese removible, esta aparatoloxía non pode ser retirada polo paciente polos seus propios medios.
 

  • Existen dous tipos:
  1. Prótese fixa convencional ou dentosoportada (é dicir, suxeita a dentes), na que é necesario desgastar (tallar) os dentes que serven de suxección, quitándolle unha capa de aproximadamente 1 mm ou 1,5 mm de espesor.
  2. Prótese fixa implantosoportada (é dicir, suxeita a implantes), na que a estructura protésica pode ir parafusada ou cimentada sobre uns vástagos (alicerces) parafusados, á sua vez, aos implantes.

Prótesis Fija Sobre implantes        Prótesis Fija Sobre Implantes

Se necesita repor algún dente perdido, non dubide en contactar con nos, a súa clínica dental en Coruña, no telf. 981 21 40 00 ou a través do email: clinicapardinas@clinicapardinas.com