Limitacións

A prótese fixa é unha das prótesis máis cómodas, mellor toleradas e que menos problemas produce, aínda que non sempre é posible realizala e, ademais, é máis custosa que a prótese removible. Proporciona unha masticación case
natural, e unha fala e unha estética moi axeitadas, aínda que non sempre se consegue pechar os espazos que puidesen
crearse entre os dentes cando minguaron as enxivas, por cuxos espazos, igual que en condicións
análogas cos dentes naturais, ao falar pódese escapar algo de saliva e de aire, producindo un certo «ceceo».
 
A prótese fixa aventaxa en comodidade á prótese removible, xa que non hai que retirala da boca para limpala, nin tampouco se move, pero esixe máis coidado na hixiene dental diaria, e unha vixilancia máis frecuente polo dentista.
Co tempo, o proceso de atrofia natural dos ósos maxilares e das enxivas deixa á vista as «xuntas» ou interfases de unión entre dentes e fundas, co que estéticamente se van volvendo inaceptables e poden necesitar o seu cambio. 
 
Outras causas que poden facer necesaria a súa substitución son:
  • Algunhas lesións irrecuperables nos dentes de suxección ou alicerces, que obrigaran a extraerlos
  • Os cambios na forma dos maxilares e na posición dos dentes naturais, que normalmente acontecen ao longo da vida, cando alteran a engranaxe entre as arcadas superior e inferior e producen unha perda de función.