Limitacións

Débese ter en conta que, segundo as diversas condicións previas (entre as que destaca a cantidade e calidade do seu óso, e a veciñanza de estruturas anatómicas importantes que poderían resultar danadas pola colocación dos implantes), non sempre é posible alcanzar estes dous fins de forma absoluta.
A falta de óso pode obrigar, en ocasións, a situar os deentes afastados da enxiva, obrigando a reproducir artificialmente unha especie de enxiva que, por razóns de hixiene, debe quedar separada das súas verdaderas enxivas por
unhas columnas metálicas ancoradas aos implantes (próteses híbridas). Nestes casos, aínda que a cobertura polos beizos
permite dar unha aparencia estética normal, o interior da boca non é o natural.
É moi importante que lle diga ao seu dentista que expectativas estéticas ten vostede, para valorar se se pode chegar ou non a satisfacelas completamente.

Ademais é importante destacar que a perda de óso (reabsorción) que se produce despois da perda do dente propio no se recupera cando se colocan os implantes e a prótese fixa implantosoportada. o afundimento que ás veces se aprecia no beizo superior, na zona canina ou noutras localizacións debido á perda de óso, non se solucionará completamente desta forma.