Limitacións

Ao carecer de suxección ao óso, estes aparellos experimentan unha certa movilidade ao comer, sobre todo o inferior, que é facilmente desprazado pola lingua incluso ao falar, debido a que con el non se consegue un efecto de ventosa como o que proporciona o paladar ao aparello superior.
Así, cando se morde dun lado, tenden a levantarse do outro, polo que vostede deberá aprender a masticar cos dous lados á vez.
 
Unha limitación estética, derivada desta inestabilidade, é que con próteses completas os dentes anteriores e superiores non sempre poden «montar» sobre os anteriores e inferiores, como normalmente ocorre na dentición natural, senón que os bordos cortantes nestas situacións teñen que estar á mesma altura que a cara triturante do resto dos dentes; por iso, cando existen dentes naturais anteriores e inferiores, os dentes da prótese superior adoitan ser máis curtos que os seus dentes orixinais, e ao quedar ocultos baixo o beizo dan apariencia dunha maior idade que cos dentes naturais.
 
Co tempo, o óso sobre o que se apoian os aparellos de prótese cambia de forma, polo que estes afrouxaranse e poderán producir molestias ou ulceracións que requiren a adaptación polo dentista, e a substitución, ao cabo dun tempo variable, por outras novas.