Limitacións

Aínda que con próteses implantorretidas poderá vostede comer mellor, falar e sorrir con maior confianza que sen implantes e, en resumo, adquirir maior seguridade en sí mesmo, non se vai a igualar de ningún xeito a sensación e
función dos seus dentes naturais sans.
Ademais, dependendo do número de implantes e do tipo de suxección, poden ter un puoco de movilidade ao comer, especialmente a prótese inferior. A duración do aparello removible é limitada, xa que os seus maxilares e a súa boca experimentan cambios co tempo, igual que a cara e o corpo, polo que chegan a producirse desadaptacións da prótese á boca que requiren correccións periódicas até que, chegado o momento, facerse necesaria a substitución.
 
Tamén, co tempo, prodúcense desgastes en certos elementos da parte fixa, que poden necesitar reemplazamentos, como é o caso dos ataches de tipo bola.