Limpeza de boca ou profilaxis bucal

Este é un termo que debería englobar moito máis do que o seu nome indica. Non se trata de sacar manchas máis ou menos antiestéticas, senon que cumpre unha función preventiva da enfermidade periodontal do adulto. Ao facer unha profilaxis oral o primeiro que hai que facer é eliminar a placa e o sarro que está rodeando os pescozos dos dentes, e especialmente o que está Limpieza de boca introducido debaixo da encía, xa que este é o que realmente inicia e perpetúa a enfermidade periodontal. A eliminación deste sarro normalmente faise con ultrasons e/ou curetas especialmente diseñadas para iso. A continuación pásase un chorro de auga a presión mesturada con un bicarbonato especial que ten por función eliminar sobre todo manchas de tabaco, té, etc. Isto último pódese facer tamén cuns cepillos especiais conectados ás pezas de man.

¿Cada canto tempo hai que facer unha profilaxis de boca?

Depende do caso, xa que hai persoas que non a necesitan nunca e outras cada mes. Neste caso pódese tratar de pacientes peridontais que non controlaron por sí mesmas nas súas casas a placa cos medios que se lle recomendan (ducha dental, seda dental, cepillo interproximal, etc).

Queremos apuntar con isto que cada boca é un mundo, coas súas necesidades específicas.Ventisquero Perito Moreno

Será o profesional cualificado o que mellor xuzgue estes tratamentos preventivos. Se se detecta certa predisposición á xinxivitis ou á "piorrea" a frecuencia e o control terá que ser máis a menudo.

É normal que despois de eliminar o sarro periférico ás raíces estas queden máis sensibles durante uns días, non quere dicir que se vaian a estropear nin que se lles quitase ou raiase o esmalte. Os aparellos actuais veñen especialmente deseñados para non raiar o esmalte.

Ao estar libres de sarro poderemos controlar mellor a nosa hixiene oral arrastrando a placa cos seus xérmenes dos recovecos aos que antes non podíamos chegar porque estaba o sarro.

 


 

Placa: Materia blanco-amarillenta branda que se acumula sobre os dentes cando estes non se cepillan correctamente. Está formada por restos de alimentos, células mortas da cavidad oral, compoñentes da saliva e bacterias.

A placa dental ou bacteriana pódese eliminar cun bo cepillado convencional.

Sarro: Non é máis que a placa calcificada ao depositarse sales cálcicas da saliva sobre a placa. O sarro, unha vez formado, non se pode eliminar cun cepillado convencional, precisa dunha limpeza profesional.