Actualidade

Lucas Pérez recibe o premio Fundación Clínica Pardiñas

Lucas Pérez recibiu o Premio Fundación Clínica Pardiñas en recoñecemento á súa boa tempada no Deportivo da CoruñaMáis de 80 persoas e diversos medios déronse cita onte nas instalacións de Fundación Clínica Pardiñas, onde se entregou ao futbolista Lucas Pérez o premio a mellor xogador do Deportivo da Coruña na pasada tempada.

O dianteiro coruñés foi merecedor deste recoñecemento tras ser o xogador que máis votos recibiu polos usuarios do foro Riazor.org. O galardón foi entregado de mans do Doutor Simón Pardiñas López, director da Fundación Clínica Pardiñas.

Lucas Pérez non acudiu só ao evento senón que o fixo acompañado de boa parte da súa familia, tal e como deixou constancia na súa conta oficial de Twitter.

Twitter Lucas Pérez

Os xornalistas asistentes aproveitaron a entrega de premio para facer algunhas preguntas ao futbolista acerca da pasada tempada e para coñecer as súas impresións sobre o curso futbolístico que vai camiño de empezar.

Pola súa banda, os afeccionados alí presentes non quixeron perder a oportunidade de saudar persoalmente ao seu ídolo e de facerse algunhas fotos con el. Ademais entre todos os asistentes realizouse un sorteo de material do Deportivo da Coruña.

A Fundación Clínica Pardiñas naceu coa idea de levar a odontoloxía aos sectores máis desfavorecidos da sociedade galega. Patrocinando este premio, a Fundación busca dar unha maior difusión á súa actividade solidaria tratando de facela chegar ao maior número de interesados.

Máis de 80 persoas e diversos medios déronse cita onte nas instalacións de Fundación Clínica Pardiñas, onde se entregou ao futbolista Lucas Pérez o premio a mellor xogador do Deportivo da Coruña na pasada tempada.

Compártao

Moitas enfermidades comúns empezan na boca

Infartos, diabetes, artrites, demencia, cancro… e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na boca. Aquí explicámosvos esta relación.

Ler máis

Remedios caseiros para dez problemas bucais frecuentes

Estes remedios caseiros poden axudar a facer máis levadíos os síntomas dalgúns dos problemas bucais máis frecuentes. Toma nota!

Ler máis

As consecuencias do consumo de drogas na saúde oral

As drogas son prexudiciais para a saúde xeral, pero poden afectar especialmente á boca. Estas son as principais consecuencias das drogas na saúde oral.

Ler máis
Síganos

Na nosa canle de Youtube, a canle de odontoloxía máis grande a nivel mundial, atopará numerosos vídeos en 3D con explicacións detalladas de máis de 80 tratamentos distintos e subtitulados en 15 idiomas diferentes, ademáis de información sobre procedementos, enfermidades e curiosidades dentais.

Logo Dentalk

Proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas onde resolvemos dudas e preguntas máis frecuentes sobre temas de saúde bucodental