CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Lucas Pérez recollerá o premio Fundación Clínica Pardiñas

Este xoves 28 de xullo, ás 20:30, entregarase o premio Fundación Clínica Pardiñas a Lucas Pérez, futbolista do Deportivo da CoruñaO futbolista coruñés Lucas Pérez recibirá o 28 de xullo o premio Fundación Clínica Pardiñas. Este galardón acredítalle como o mellor xogador do Deportivo da Coruña na pasada tempada segundo as votacións dos usuarios a través de Riazor.org.

Este premio acaba de cumprir o seu décimo aniversario e entrégaselle a aquel xogador que acumulou máis votos ao longo dos distintos partidos oficiais que conforman a tempada do club galego.

Lucas Pérez recollerá o galardón este xoves ás 20:30 na sede da Fundación Clínica Pardiñas, situada na Rúa Real 66, 1ªA (A Coruña), e farao de mans do Doutor Simón Pardiñas López, o Director da Fundación.

Neste evento tamén se entregarán camisetas e balóns asinados aos gañadores do sorteo asociado ao galardón. De igual maneira, todos aqueles usuarios que participasen no sorteo pero non fosen premiados, están convidados a asistir ao evento no que se entregarán bufandas, pósteres e outros agasallos relacionados co Deportivo da Coruña.

Rogamos a todos os premiados e demais interesados que confirmen a súa asistencia a través do email info@fundacionclinicapardinas.org.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica