Mantemento dos Implantes

A IMPORTANCIA DO MANTEMENTO DOS IMPLANTES

Unha vez que o paciente superou todas as visitas con todas as probas de rigor e por fin xa ten os seus dentes novos na boca é necesario a partir de agora facer un seguimento das súas próteses sobre implantes dentais.

Temos que pensar que o feito de masticar implica unha serie de movementos da mandíbula sobre o maxilar superior, nestes movimientos interveñen moitos músculos da cara, algún dos cales poden facer unha forza tremenda á hora de masticar, ademais, a mandíbula non só ten movementos de apertura e peche senón tamén de lateralidad y cincunducción. Os dentes naturais están dotados duns mecanismos de defensa contra eses traumas que sofren a diario; entre eles un dos máis importantes é o ligamento periodontal, unha estructura que rodea ás raíces no interior do óso e actúa a modo de colchón amortiguador contra o trauma masticatorio. Tamén existen uns receptores de presión que nos avisan cando debemos deixar de apertar.

Sobredentadura superior sobre una barra unida a 4 implantes

As pezas dentarias que están apoiadas sobre implantes dentais non dispoñen deste ligamento nin deses receptores de presión, senón que o implante ten unha unión íntima ao óso, non permitindo ninguna flexibilidade, é pois fundamental controlar que a unión entre dentes e implantes dentaiss sexa pasiva para non someter a estes a cargas extra. Doutra banda é imprescindible axustar correctamente a oclusión. Á hora de morder debe de haber un perfecto equilibrio entre os dentes de maxilar superior e inferior, tendo en conta os movementos de lateralidade e de protrusiva, para que os implantes dentais non se vexan forzados en determinados movementos da boca. Estes controis hai que facelos o mesmo día e nos seguintes días á colocación das pezas definitivas.

A medio prazo hai que vixiar a acumulación de placa e sarro. NoN debemos esquecer que no adulto a primeira causa de pérdida de dentes é a enfermidade periodontal, e a evolución desta enfermidade está ligada á presencia de placa e sarro nos dentes das persoas predispostas. Moitas persoas ás que se lle colocan implantes é porque perderon dentes debido á enfermidade periodontal, co cal agora os seus novos dentes emerxen da enxiva a través dos pilares, e nestes tamén se pode acumular igualmente placa e sarro, por iso é necesario controlar e limpar periodicamente estes acumulos nocivos para as enxivas e polo tanto, para os implantes dentais que están dentro do óso.

A anatomía das pezas substituidas por medio de implantes dentais non é exactamente igual ás naturais, en xeral hai máis recunchos cos implantes dentais co cal hai que extremar a hixiene e utilizar os aditamentos especiaies que existen para a súa limpeza. Desde logo unha persoa que abandonase a súa hixiene bucal durante toda a súa vida e perdese as súas pezas por este motivo senón se mentaliza para cambiar os seus hábitos, pode non ser candidato a rehabilitar a súa boca con implantes dentais.

En moitas ocasións, sobre todo en casos de grandes rehabilitacións, é necesario colocar unha férula entre os dentes para relaxar a musculatura da cara e evitar grandes tensións nos implantes dentais.

É evidente que os dentes substituídos por medio de implantes dentais non se van estragar por caries, pero non esquezamos que hai que extremar o coidado cunha boa hixiene dental e que "nada é para toda a vida".