CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

O equipo de Clínica Pardiñas recibe a Medalla de Ouro do Foro Europa 2001

O equipo de Clínica Pardiñas recibe a Medalla de Ouro do Foro Europa 2001O pasado venres no Hotel Palace de Madrid celebrouse o Foro Europa 2001, acto no que se premiou coa Medalla de Ouro do Foro Europa 2001 ao Dr. José Pardiñas Arias pola súa traxectoria profesional, que xunto coa Dr.a Carmen López Prieto estiveron á fronte do equipo de Clínica Pardiñas.

O galardoado foi acompañado polo Dr. Simón Pardiñas López e ambos os dous quixeron remarcar que este premio é un recoñecemento aos 25 anos de actividade da Clínica Dental Pardiñas. Igualmente tiveron palabras para todos aqueles que traballaron durante este cuarto de século facendo desta clínica dental da Coruña unha das máis reputadas do panorama odontolóxico nacional.

Foro Europa 2001 creouse no ano 1996 da man de José Luis Salaverría Palanca, un diplomado en Dereito Europeo, que pretendía crear un punto de encontro para o intercambio de ideas e coñecementos entre persoas relevantes no mundo empresarial, cultural e político. Hoxe en día esta fundación goza de relevancia internacional.

Este premio é un novo recoñecemento para unha clínica que traballa continuamente por e para a saúde bucal dos seus pacientes, apostando sempre pola formación continuada dos seus profesionais e por incorporar a última tecnoloxía nos seus servizos.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica