CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

As moas do xuízo poden axudar a tratar a cegueira

Un estudo da Escola de Medicina da Universidade de Pittsburgh (EE.UU) suxire que as células nai da polpa dental poderían empregarse para tratar cicatrices da córnea axudando ao tratamento da cegueira corneal. Os experimentos mostraron que as células nais das moas do xuízo poderían ter a mesma orixe embrionaria que as da córnea.

A cegueira corneal afecta a millóns de persoas en todo o mundo. Trátase cos transplantes de córnea de doadores, pero hai escaseza de doazóns e moitas veces pódense producir rexeitamentos do tecido doado, provocando unha perda total da visión.

Precisamente en Clínica Pardiñas ofrecemos o servizo de extracción de células nai de polpa dental a través da empresa Criodental Biopharma, así animamos a contactar connosco a todo aquel que estea interesado neste procedemento.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica