Extracción das moas do xuízo

As moas do xuízo poden supoñer un problema para os pacientes, en especial para aqueles que están na idade na que están erupcionandas, xeralmente entre os 17 e 24 anos.

A moas do xuízo pode erupcionar de forma nomal sen dar ningún tipo de sintomatoloxía. Pero en moitos casos estas erupcionannunha malposición, xeralmente debido a unha falta de espazo.

Nestes casos nos que as moas do xuízo erupcionan nunha malposición se poden producir problemas como pode ser aPerioconaritis, que é unha inflamación e/ou infección da enxiva que recobre a moa, o que pode producir dor, mal alento, mal sabor de boca e en casos máis avanzados febre. Estes episodios poden remitir con antibióticos pero esta infección pode volver acontecer converténdose en crónico, sendo o tratamento de elección a extracción das moas do xuízo.

Noutros casos a malposición das moas do xuízo pode danar as pezas veciñas, producíndolles carie, desprazamentos chegando mesmo a poder perder ambas as dúas pezas.

É recomendable diagnosticar tempranamente un posible problema nas moas do xuízo, xa que a súa extracción resulta máis sinxela e con menos complicacións postoperatorias a idades temperás nas que as moas do xuízo non están totalmente formadas.