CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Moitas enfermidades empezan na boca

Infartos, diabetes, derrames cerebrais e outras enfermidades comúns poden ter a súa orixe na bocaSon moitos os estudos que conclúen a estreita relación que gardan as enfermidades dentais cos problemas de saúde no resto do corpo. Os patóxenos e bacterias atopadas na boca non só provocan cancro oral, enfermidades das enxivas, perda de dentes, caries ou mal alento, senón que tamén están relacionados con outro tipo de enfermidades como a artrite, a diabetes, os ataques ao corazón e derrames cerebrais. Moitos problemas médicos teñen solución e prevención na boca.

Calquera inflamación na boca repercute ao resto do corpo, e a inflamación de tecidos pode ser a causa de problemas cardíacos, artrite reumatoide e infartos entre outros. Por exemplo, un infarto cardíaco pode estar provocado por unha inflamación producida por patóxenos que están á súa vez estreitamente relacionados coas enfermidades periodontais. E é que os patóxenos que causan a piorrea destrúen primeiro os tecidos da boca, para despois acabar co óso e propagarse polo resto do corpo a través do fluxo sanguíneo, podendo provocar unha infección nun xeonllo ou mesmo un aneurisma cerebral. Esta enfermidade tamén está conectada coa diabetes, xa que as bacterias da boca que a causan tamén poden provocar que o noso corpo reaccione peor á insulina, un síntoma propio da Diabetes Tipo 2.

Son moitos os estudos que conclúen a estreita relación que gardan as enfermidades dentais cos problemas de saúde no resto do corpo.

A mellor solución para a enfermidade periodontal e outras enfermidades da boca é a prevención e a hixiene. Xa sabedes que é aconsellable lavarse os dentes despois de cada comida, incluíndo na túa hixiene diaria o uso de fío dental e colutorios. Da mesma forma, é aconsellable acudir con frecuencia ao dentista pera controlar regularmente o estado dos nosos dentes. Se a enfermidade periodontal xa se desenvolveu na nosa boca, nese caso xa será necesario un tratamento de control como o detartraxe e o curetaxe, a condición de que a enfermidade non estea moi estendida. Como vedes, calquera problema bucodental pode ter consecuencias na saúde se non se tratan no momento e da maneira adecuada. Podedes ler máis sobre sobre iso neste relatorio do Dr Jordan Colby. Desde aquí só quédanos dicirvos que unha boca sa é un corpo san.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica