CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Cunha visita ao dentista, as mulleres embarazadas poderían ver diminuído nun terzo o risco de parto prematuro

Moita xente ten aversión ao dentista. Non obstante, demostrouse que todas as persoas, especialmente as mulleres embarazadas, farían ben en visitar o seu dentista ou hixienista. Isto débese a que a enfermidade das enxivas (periodontite) pode elevar o risco dun nacemento prematuro ás futuras nais, e que reducindo o risco de padecer unha enfermidade periodontal se pode diminuír nun terzo o risco de que as mulleres embarazadas teñan un parto prematuro.

Un estudo realizado por investigadores da Harvard School of Dental Medicine mostrou que as mulleres embarazadas presentaban unha redución do 34% no risco dun parto prematuro se se sometían a un procedemento dental simple. Nun estudo publicado no Journal of Periodontal Medicine, os investigadores describiron como as nais embarazadas presentaban unha redución dun terzo no risco de parto prematuro se se sometían a unha técnica chamada raspado e alisado radicular.

Segundo a Asociación Dental Americana o procedemento consiste en que o Dentista ou Hixienista limpe por debaixo da liña da enxiva cun raspador, cureta ou un limpador ultrasónico. A continuación, as superficies dos dentes da raíz límpanse e alisan, permitindo que a enxiva cure e facendo así que sexa máis difícil que a placa se acumule.


Na publicación reafírmase a importancia da saúde bucal durante o embarazo. Os expertos dixeron ao Daily Mail que se sabe que o embarazo cambia moitas partes do corpo dunha muller, incluíndo as enxivas. "Mesmo as persoas con boa saúde oral experimentarán cambios ao longo do embarazo. Algunhas mulleres encontran que as súas enxivas sangran con máis facilidade, un problema que se agrava se xa se está a sufrir da enfermidade das enxivas, " dixo Nigel Carter, director xeral da Fundación de Saúde Dental británica.

As enfermidade das enxivas relacionouse con algúns outros problemas de saúde sorprendentes. Algúns estudos encontraron que a enfermidade das enxivas pode aumentar o risco dos homes de padecer disfunción eréctil, mentres que outro estudo vinculou o problema dental con problemas de fertilidade.

Un nacemento prematuro defínese como aquel que aconteceu antes de que o embarazo chegue a las 37-semanas. Case 500.000 - ou 1 de cada 8 - bebés nacen prematuramente cada ano, segundo os Centros para o Control e Prevención de Enfermidades. Os nacementos prematuros relacionáronse con diversos trastornos de saúde graves, como parálise cerebral, problemas respiratorios e perda de audición.

 

Artículo extraido de http://www.medicaldaily.com

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica