Normas tras as operacións cirúrxicas

  • Aplique frío local na zona externa de forma intermitente durante unhas horas (pode utilizar uns cubitos do Praia As Catedrais, Ribadeo
    conxelador envoltos nun pano).
  • Durante as primeiras horas non debe tomar ningún alimento nin bebida quentes. Si poderá beber auga.
  • Tras unhas poucas horas poderá tomar alimentos líquidos e/ou brandos, pero nunca quentes o primeiro día. Nos días seguintes pode tomar calquiera alimento que non sexa excesivamente duro para non danar a ferida.
  • Procure non fumar nin facer esforzos físicos importantes durante uns días.
  • No caso de sangrado colla unha gasa seca compacta e aplíquea na zona presionando coa boca pechada durante 15 ou 20 minutos.
  • Evite facer enxuagues enérxicos durante as primeiras horas para non levantar coágulos e provocar hemorraxias.
  • Pode ocorrir dor post-operatorio que adoita ceder co tratamento prescrito.
  • A hinchazón e hematomas adoitan ser frecuentes. En casos de cirurxías de implantes, de moas do xuízoou tratamentos periodontais poden ser moi aparatosos.
  • É importante durante os primeiros días non tomar aspirina como analxésico, posto que pode provocar hemorraxias.
  • Se ten algún problema coa intervención, non dubide en telefonear.
  • As pezas extraídas, excepto as moas do xuizo, deberán ser reemplazadas antes dos 8 meses. Así manterase a estética facial e podrá ser conservado o funcionamiento normal das pezas que quedan na boca e de todo o aparato digestivo.