CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Os habitantes de Pompeya non tiñan caries

Os habitantes da extinta Pompeya non tiñan carie nos dentes segundo determinou un recente estudo arqueolóxico nos restos daquela civilizaciónEn agosto comezou unha nova investigación arqueolóxica na cidade italiana de Pompeya, arrasada por un volcán hai case 2000 anos. Tras analizar exhaustivamente os restos funerarios dunha trintena de pompeyanos, os investigadores concluíron que os habitantes daquela cidade tiñan uns dentes libres de caries. Os científicos atribúen esa saúde dental a unha alimentación sa, con poucos azucres. Agora ben, algunhas desas dentaduras si que mostraban certo desgaste provocado polo uso dos dentes para cortar e romper.

A través da análise destas bocas tamén se puido determinar a clase económica ou a orixe xeográfica dos defuntos, ademais dalgunhas curiosidades coma se fumaban ou tocaban algún instrumento.

No ano 79 d.C. a cidade italiana de Pompeya foi arrasada pola erupción do Volcán Vesubio. Calcúlase que aquela traxedia levou por diante máis de 10 mil vidas, pero as capas de cinzas e detritos que cubriron a zona e aos seus habitantes permitiron que a día de hoxe conserváronse en bo estado máis de 2000 corpos nos que se centran as investigacións arqueolóxicas.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica