CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

O peixe que podía sorrir

Capturado en Rusia un estraño peixe cunha dentadura parecida á dun ser humanoAleks Korobov, un pescador ata agora anónimo da rexión rusa de Arkhangelsk (Arcanxo), saltou aos medios tras capturar un estraño peixe cunha dentadura moi parecida á dun ser humano. Sorprendido polo descubrimento, Aleks decidiu compartir o seu achado no Instituto de Pesca e Oceanografía, onde a informaron de que probablemente pertencese á familia de pirañas.

A pregunta agora é como un peixe propio de augas tropicais acabou nadando ás súas anchas polas frías augas do ártico. Todo parece indicar que un coleccionista se cansou da súa nova adquisición e rematou por liberalo naquel lugar. Sexa como sexa, está claro que a historia deste sorrinte peixe merece ser contada.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica