CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

7 consellos para perder peso sen padecer mal alento

As dietas utilizadas para perder peso poden provocar mal alento. Neste artigo dámosvos 7 consellos para evitar a halitose.Con demasiada frecuencia, as dietas utilizadas para perder peso poden xerar problemas de mal alento debido á composición dalgúns dos alimentos frecuentes neste tipo de dietas. Neste artigo, o Dr. Jonas Nunes do Instituto do Alento vai dar 7 consellos para perder peso sen prexudicar ao noso alento.

  • 1) Come cada catro horas. Os xaxúns prolongados adoitan provocar halitose, debido aos procesos que realiza o corpo para repoñer o azucre en sangue. Por iso recomendamos facer cinco comidas ao día, en pequenas cantidades, antes de levar ao teu corpo a unha hipoglucemia severa.
     
  • 2) Evita dietas con exceso de proteínas. Este tipo de réxime pode causar mal alento xa que as bacterias utilizan as proteínas para provocar o mal cheiro.
     
  • 3) Inxere un mínimo de hidratos de carbono ou sustancias ácidas. A glicosa leva a producir un pH ácido que inhibe a proliferación das bacterias produtoras de halitose.
     
  • 4) Consume alimentos sólidos ricos en fibra. Os alimentos con moita fibra requiren dunha maior mastigación, o que promove a produción da saliva. Igualmente, no seu paso pola boca, estes alimentos poden axudar á eliminación das bacterias causantes da halitose. As hortalizas e froitas poden ser un gran aliado neste sentido.
     
  • 5) Mantente hidratado. A deshidratación provoca unha diminución na produción de saliva con todo o que iso leva. Bebe auga, e líquidos con lixeiro sabor a ácido, pero sen azucre.
     
  • 6) Evita o alcohol. Ademais de que o alcol nunca che vai a axudar a perder peso, tamén pode causar halitose debido á súa composición e ao seu efecto deshidratante.
     
  • 7) Evita comidas con cheiros intensos. O allo, a cebola, os ovos, as especias ou a toma frecuente de café poden xerar cheiros na boca. No lado oposto, demostrouse que algunhas comidas como os champiñóns ou o té de Taiwan son grandes aliados contra este problema.
     

Esperamos que estes consellos poidan axudarche a perder peso e a controlar o mal alento. Xa sabedes que na nosa clínica médico dental colaboramos co Instituto do Alento e somos a primeira clínica galega especializada en problemas de halitose. Así que estaremos encantado de atendervos en todo o que necesitedes.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica