Carillas o fundas de porcelana y coronas

As frontes laminadas de porcelana ou carillas son unhas finas láminas de cerámica que se adhiren á superficie visible dos dentes anteriores.

As coroas son tamén finas láminas de porcelana que recubren todo o contorno do dente, previamente desgastado en cantidade suficiente para que o grosor de tales láminas quede integrado con naturalidade no tamaño do dente.

A principal indicación dunhas e outras é mellorar a estética (mellorar a forma, restaurar fracturas, corrixir colores intrínsecos anormais dos dentes –tincións–), aínda que tamén poden corrixir malas posicións dentarias (principalmnete, as coroas) e por tanto mellorar as posibilidades de hixiene e con iso a conservación do aparello estomatognático.

  • LIMITACIÓNS

Estas láminas de porcelana non se poden retirar dos dentes unha vez cimentadas, e se se fai, deben colocarse outras similares para recuperar o tamaño dentario, reducido co tallado ou desgaste que se necesita para colocalas a primeira vez. Por tanto constitúe un tratamento irreversible. A porcelana é fráxil, polo que se vostede non é suficientemente coidadoso e morde obxectos ou alimentos tales como pipas, mariscos etc..., pode fracturar algunha das carillas, o que faría preciso reemplazala por outra nova.