CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Unha carie con 14000 anos de vida

Localizado un dente con carie na dentadura dun esqueleto con 14000 anos de historiaA carie, unha das enfermidades dentais máis frecuentes na actualidade, xa era un problema hai máis de 14000 anos. Polo menos así o confirmaron un grupo de investigadores europeos na revista Scientific Reports, tras encontrar unha carie na dentadura dun esqueleto con máis de 140 séculos nos seus ósos.

O máis curioso é que a carie localizada no suxeito investigado fora tratada por medio de algo parecido a unha endodoncia. A endodoncia é o proceso actualmente utilizado para o tratamento desta enfermidade e consiste en tapar o oco no dente cun material especial. Naquel tempo, evidentemente, non dispoñían da devandita tecnoloxía así que tapaban o burato dental utilizando anacos de minerais como o sílex.

Por sorte o mundo avanza e se este é o teu problema, en Clínica Pardiñas podemos solucionarcho se necesidade de meterte pedras nos dentes.

Noticia orixinal: Medical Express

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica