A súa primeira visita á Clínica Dental Pardiñas

O noso compromiso é ofrecerlle unha odontoloxía de alta calidade a través dunha relación de confianza. Para iso debemos partir dunha boa información previa e non darlle falsas expectativas.

A persoa que o atenderá en primeira instancia é la Srta. Isabel Fontanes Mourelle, persoa cunha formación impecable en todas as áreas da consulta: hixienista, auxiliar e organizadora, por iso é a nosa coordinadora xeral e responsable de calidade.

Formada inicialmente en Suíza en distintas clínicas dentais, apórtanos o seu saber facer cunha gran responsabilidade. Ten como lema a orde e a disciplina, domina varios idiomas e é unha relacións públicas excelente.

Nos gabinetes, os doutores faranlle Recepción de la Clínica Pardiñasun exame oral minucioso dos dentes, enxivas e resto de partes blandas da cavidade oral. Tomarase unha radiografía panorámica e as periapicais necesarias para o diagnóstico e a planificación do tratamiento.

A Srta. Isabel pasaralle un cuestionario con datos de filiación e antecedentes para descartar posibles enfermidades ou alerxias.

Todo isto achéganos uns datos básicos e imprescindibles para poder realizar un orzamento o máis axustado posible.

En casos onde se detecte unha enfermidade periodontal (piorrea), en rehabilitacións complexas con ou sen implantes dentais, en ortodoncias ou en traballos de alta estética, é obrigatorio realizar un estudo específico previo para poder enfocar o tratamento coas mellores garantías de éxito.

En función dos datos obtidos cos estudos dos casos anteriores emitirase sempre un orzamento (con diferentes alternativas se procede) que o paciente ou titor deberá asinar se é aceptado.

Una de nuestras salas de esperaAsi mesmo acorde á Lei 14/1986, de 25 de abril, Lei Xeral de Sanidade, no seu art. 10.6 asinarase un consentimento informado ante cada tratamento.

A Lei 14/1986, de 25 de abril, Lei Xeral de Sanidade, no seu art. 10.6 establece como dereito do paciente: “A libre elección entre as opcións que lle presente o responsable médico do seu caso, sendo preciso o previo consentimento do usuario para a realización de calquera intervención...”

Pola súa parte a Comunidade Autónoma de Galicia na Lei 3/2001, de 28 de maio, di no seu art. 3.1: “Para os efectos de esta lei, enténdese por consentimento informado a conformidade expresa do paciente, manifestada por escrito, después da obtención dunha información axustada, para a realización dun procedemento diagnóstico ou terapéutico que afecte á súa persoa e que comporte riscos importantes, notorios ou considerables”. Destes dous preceptos, despréndese a obrigatoriedade do consentimento do paciente para todo tipo de intervencións, despois dunha información persoal suficiente; este consentimento deberá prestarse por escrito.

Se durante o tratamento xorde algunha incidencia que nos obrigue a cambiar o plan director en beneficio do resultado final informaráselle oportunamente.

Pretendemos acercarnos á excelencia, e para iso temos controis de calidade internos e externos:

  • Os internos incumben ao noso bo facer profesional: control de esterilización, uso do instrumental adecuado, materiais excelentes, técnicas contrastadas, en definitiva, o que vostede non pode avaliar.
  • Os externos, o que vostede pode analizar obxectivamente: trato, tempos de espera, hixiene, confort no tratamiento, etc.