CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Subscribiríaste a renovar o teu cepillo de dentes?

Recentemente a Startup Quip saíu ao mercado cunha pequena innovación no ámbito dos cepillos de dentes. Agora que xa empezan a aparecer os primeiros cepillos intelixentes (conectados ao móbil vía Bluetooth), a aposta de Quip é un cepillo eléctrico por subscrición. E iso en que se traduce? Para os que tedes un destes aparatos xa sabedes que o recomendable é cambiar o cabezal cada 3 meses. Non obstante somos moitos, incluíndo quen vos escribe, os que por desleixo moitas veces estiramos a vida do cabezal un tempo máis. A proposta desta empresa é que, tras comprarche o paquete inicial (40 dólares que inclúen cepillo, cabezal, estoxo de viaxe e pasta de dentes para 3 meses), tes a posibilidade de subscribirte e pagando 10 dólares cada 3 meses, envíanche a casa un novo cabezal e un novo bote de dentífrico. Dende logo unha aposta curiosa e innovadora que haberá que seguir de preto a súa evolución. Triunfará a comodidade?

 

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica