Apnea do sono e ronquidos, tratamento odontolóxico

Ter apnea do sono e roncar é unha perigosa combinación para a saúde. O tratamento a esos trastornos do sono pode ofrecercho o teu dentista

Houbo unha época en que cría que os roncadores se asociaban co bo durmir. Hoxe sabemos que é un trastorno do sono que por se mesmo non repercute na saúde propia, sempre que non se acompañe de apneas ou hipoapneas, pero si repercute nas persoas que conviven con eles e non só a parella, senón tamén outros inquilinos que intenten durmir preto do seu cuarto. Mais do 50% dos homes maiores de 50 anos e mais do 40% das mulleres postmenopáusicas roncan, polo tanto é un problema para os acompañantes. Pero coidado, se os ronquidos van acompañados de apneas ou hipoapneas do sono, isto si pode ser perigoso para a saúde propia, e as estadisticas din que entre un 5 e un 10% da poboación teñen apneas do sono.

Que é a apnea do sono?

As apneas consisten en paradas respiratorias que poden ir dende uns 8 segundos ata os 90 segundos, seguidas dun ronquido máis potente e repicante. Polo tanto hai roncadores puros e roncadores que ademas fan apneas ou hipoapneas.

É moi importante recoñecer os pacientes con SAos (Síndrome de Apnea Obstrutiva do Sono), posto que eles mesmos non son conscientes do problema. Unha persoa que ronca, que ten paradas respiratorias máis ou menos frecuentes e que polo día está somnolento, ten que alertarnos dun posible SAos. É evidente que os primeiros signos ten que comentalos a persoa coa que convive. O SAos é importante detectalo, porque durante esas pausas respiratorias diminúe a concentración de osíxeno en sangue, con todo o que iso carrexa para a saúde xeral a longo prazo: hipertensión arterial, accidentes cardiovasculares, accidentes de tráfico pola somnolencia diúrna, falta de concentración no traballo, depresións etc.

Tratamento da apnea do sono

Dado que este é un problema moi frecuente, as unidades do sono adoitan estar colapsadas, o dentista especialmente, podemos desenvolver un labor fundamental no diagnóstico e no filtro dos pacientes máis graves. A gravidade do SAos depende do número de apneas por hora. Se son máis de 30, é aconsellable derivar ao paciente a unha unidade do sono, pero en casos máis leves podemos tratalos no noso dentista na Coruña.

É obvio que para iso necesitamos facer un diagnóstico o máis exacto posible. Actualmente dispoñemos de aparatos relativamente sinxelos como o "APNIA", co cal o paciente na súa casa dun xeito sinxelo pode medir, entre outras cousas, a saturación de osixeno, o número de apneas etc. Os datos podémolos recoller nun programa informático, podendo avaliar a gravidade do cadro.

A maior parte dos casos poderémolos resolver na nosa consulta dental cun dispositivo de avance mandibular. É un aparato que se coloca entre os dentes que fai que a mandíbula se adiante con respecto ao maxilar superior, facendo que a vía respiratoria superior quede máis aberta e o aire poida pasar sen dificultade. Estas férulas modernas son moi finas co cal se toleran moi ben e ademais pódese regular o grao de avance en función das necesidades.

Este tratamento adoita ter moi bos resultados para os roncadores e para os SAos leves. En casos máis graves hai que recorrer á cirurxía de avance mandibular ou á plastia de úvula e padal brando. No noso dentista na Coruña dispoñemos da última tecnoloxía para os roncadores.