CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

A saúde bucodental e a súa importancia no deporte

XO rendemento deportivo e a saúde oral gardan unha estreita relación segundo un estudo científico da Sociedade Española de Periodoncia e Osteointegracióna sexas deportista profesional, afeccionado, ou mesmo se es un mero fan do teu equipo local, interesarache saber que hai unha relación cada vez máis evidente entre a saúde oral e a práctica do deporte. Aínda que outros problemas físicos causan maior atención, os problemas dentais son frecuentes nos deportistas de elite, fronte ao que existe un gran descoñecemento.

Sabemos que para un deportista a nutrición é case tan importante como os seus adestramentos. E é, precisamente, a alta inxesta de hidratos de carbono e bebidas enerxéticas, a que se relaciona cun elevado índice de carie, aínda maior cando se asocia a deficientes hábitos hixiénicos. Tamén afectan neste sentido os cambios inmunolóxicos provocados durante a práctica do deporte, ou a tensión e o estrés propio das competicións, que tamén pode verse plasmado en forma de bruxismo (renxer os dentes pola noite). Dunha ou outra forma, son numerosas as investigacións que evidencian a relación entre ter unha boca sa e o maior rendemento deportivo.

Nun estudo publicado en 2011, 30 xogadores do F.C. Barcelona foron analizados durante 3 tempadas e constatouse que sufrían traumatismos dentais, caries activas e problemas xenxivais, as cales se relacionaron con problemas sobre a condición física dos afectados. Máis recentemente outros xogadores de fútbol, entre eles os do Manchester United, participaron en estudos similares, volvendo atopar altas taxas de caries e desgastes dentais (presentes en aproximadamente o 40% dos xogadores), traumatismos e enfermidades xenxivais.

O pasado ano a Sociedade Española de Periodoncia e Osteointegración (SEPA) informaba que “entre os xogadores do F.C. Barcelona identificouse unha relación entre o índice de placa bacteriana e o número de lesións musculares, ligamentos, tendóns e óseas”. Noutro estudo do British Journal of Sports Medicine realizado en futbolistas profesionais británicos un 77% dos avaliados tiña xenxivite e o 80% sufría enfermidade periodontal.

Unha infección crónica causada por unha moa do xuízo, unha carie avanzada ou unha enfermidade periodontal pode provocar lesións en calquera parte do corpo, xa que as bacterias viaxan a través do torrente sanguíneo podendo chegar a músculos, articulacións, ósos e en casos máis graves ao corazón” - afirma o Dr. Pardiñas López, especialista en Periodoncia e Cirurxía Oral.

T-Scan na Clinica PardiñasDe tanta relevancia son este tipo de estudos que se está empezando a concienciar a futbolistas de todo o mundo do coidado bucal como ferramenta de mellora de calidade de vida e, consecuentemente, de mellora deportiva. Con este fin, os alumnos da Masía empezaron a recibir charlas organizadas pola propia SEPA e a Fundación do F.C. Barcelona nas que se lles informa sobre as patoloxías bucodentais e a súa prevención.

Por suposto estes non son problemas que afecten exclusivamente os xogadores de fútbol; en 2013 Needleman e col. tras analizar 278 deportistas olímpicos nos XXOO de Londres, á marxe de atopar similares patoloxías, informou que o 18% dos deportistas incluídos no estudo confesaron que os seus problemas bucais afectaran ou estaban a afectar negativamente sobre o seu rendemento deportivo. Cifras similares obtiveron dous anos despois Ashley e col. evidenciando de novo a influencia negativa dos problemas bucais sobre os resultados deportivos.

Se as revisións dentais son importantes para todos os pacientes, poderíase dicir que nos deportistas son imprescindibles. Por este motivo, tan importante é para o deportista manterse en forma, controlar a dieta e a súa saúde cardiovascular, como vixiar de preto o estado da súa boca e dos seus dentes.

 

¿Pode afectar a posición dos dentes ao rendemento deportivo?

A falta de dentes e/ou a súa malposición pode levar problemas na musculatura masticatoria debido a unha mal engrenaxe dos dentes, por non falar dos problemas dixestivos que implica a dificultade de triturar correctamente os alimentos.

O que probablemente non sexa tan coñecida é a estreita relación que teñen as maloclusiones co control da postura corporal e cos problemas musculares. É por iso importante realizar un correcto diagnóstico craneofacial do paciente para detectar este tipo de problemas de maloclusión e poder realizar o tratamento necesario para corrixilo.” - afirma a Dra. López Prieto, especialista en Ortodoncia e Oclusión.

O mismísimo Pau Gasol, unha das primeiras esixencias ás que se tivo que enfrontar ao ser traspasado aos Ángeles Lakers, foi someterse a un tratamento ortodóncico para corrixir o seu apiñamento dental (e a maloclusión asociada) para evitar os problemas de equilibrio e molestias repetidas en pescozo e costas que arrastraba do seu paso polos Memphis Grizzlies.

Outro exemplo diso a fichaxe frustrada do xogador de fútbol Aly Cissokho ao Milán, no que os médicos concluíron no seu exame que o xogador sufría unha maloclusión, o cal podería ter consecuencias óseas e musculares sobre a columna vertebral aumentando o risco de lesións.

Algunhas destas afirmacións poden parecen esaxeradas, pero todas elas teñen respaldo científico. Segundo unha investigación levada a cabo polo departamento de Fisioloxía da Universitat de Barcelona coa Universidade de Innsbruck (Austria) publicada en Neuroscience Letters e Motor Control, “existe unha influencia recíproca entre o nervio trigémino e o núcleo vestibular, é dicir, os responsables das funcións de masticar e do equilibrio, e os músculos masticatorios e cervicais. Cando hai fatiga, o equilibrio en condicións de máxima inestabilidade é significativamente superior entre os individuos que presentan unha mala oclusión dental”.

Diagnóstico craneoencefálico en Clínica Pardiñas

A prevención é outro factor importante. Para este fin confecciónanse uns protectores bucais (férulas deportivas) que non só protexen os dentes de potenciais golpes, senón que axudan a evitar as fracturas e sobrecargas que os deportistas sofren durante situacións de tensións.

A sobrecarga funcional asociada ao bruxismo (apertar ou rechinar os dentes) produce tamén contracturas musculares, o que pode provocar dores de cabeza e pescozo. Tendo a musculatura da mandíbula contracturada é difícil ter un bo control sobre os movementos de cabeza, pescozo e hombros, o que limitará significativamente o rendemento nalgúns deportes.”- expón a Dra. López Prieto.

 

Estes protectores bucais supoñen o alivio da musculatura relacionada coa mastigación e, por extensión, da musculatura das costas e o pescozo. Está a estudarse, ademais, a potencial vantaxe ao aumentar o paso do aire ao facilitar un posicionamento máis adiantado da mandíbula. Tiger Woods ou Cristiano Ronaldo son algúns deportistas de elite que xa usaron algún tipo de férula deportiva para mellorar o seu rendemento.

“Actualmente disponemos ademáis dun dispositivo que detecta a presión e o contacto exercido por cada dente ao morder. Esto permítenos axustar a forma da mordida para que as cargas estén distribuidas dunha maneira uniforme e que cada dente exerza unha presión e contacto similar. Con elo conseguimos unha mordida equilibrada que nos evitará posibles problemas musculares e articulares derivados delo.”-afirma a Dra. López Prieto

Os recoñecementos odontolóxicos forman xa parte importante en revisións médicas xerais antes de grandes fichaxes en deportistas de elite, xa que unha saúde oral pobre ou maloclusiones poderían afectar o rendemento do deportista.

Na Clínica Médico Dental Pardiñas, desde esta tempada 2017/2018, como clínica de referencia do Real Club Deportivo da Coruña, faránse cargo das revisións bucodentais dos xogadores do primeiro plantel así como dos posibles novos fichaxes, xa que o control da saúde oral incorporouse ás esixencias do club cara aos seus xogadores para conseguir deles o mellor rendemento posible.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica