CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Saúde dental antes e despois do embarazo

Cando estas embarazada a saúde dental pasa a ser un factor moi importante xa que é moi imprescindible manter unha boa hixiene dental. Durante o embarazo os cambios hormonais que se producen son esaxerados. Por iso, aparecen algúns problemas como inflamación de encías, sangrado ou molestia gingival. Outros dos problemas que poden xurdir durante o embarazo é o aumento de carie debido aos frecuentes vómitos e náuseas durante o primeiro trimestre.  O ácido provoca a erosión do esmalte volvendo ao dente máis susceptible.

Cales son os sinais ou síntomas de problemas de saúde dental?

Algunhas dos sinais ou síntomas máis comúns que nos avisas que a nosa saúde dental pasa unha mala fase durante o embarazo son:

  • Mal alento.
  • Dor de encías.
  • Sangrado constante ao cepillarse os dentes.
  • Aftas.
  • Encías vermellas.
  • Encías brillantes, dolorosas ou inflamadas.
  • Dor nos dentes ou sentir que os dentes están frouxos

Se ten algunha destas sensacións non dubide en visitar ao seu dentista de confianza para que poña solución canto antes.

Como manter unha boca sa e coidada?

  • Durante este período é moi importante que se limiten os alimentos azucrados a comidas e non entre horas.
  • Opta por tomarche unha peza de froita fresca no canto de zumes industriais.
  • Evita as bebidas carbonatadas.
  • Se che apetece un chicle elixe un sen azucre e con xilitol.
  • Usa un cepillo suave e pequeno para evitar as náuseas.
  • Cepíllese coidadosamente os dentes e as encías dúas veces ao día e utiliza a seda dental polo menos unha vez ao día.
  • Utilice un dentífrico con flúor.
  • Visite ao seu dentista durante o período de embarazo pois este informaralle e daralle consello en caso de problemas orais.
  • Come unha dieta sa e equilibrada. Ademais axuda a que os dentes do teu bebe estean ben desenvolvidos comendo alimentos nutritivos que conteñan calcio, proteínas e vitaminas A,C e D.
  • Se ten nauseas ou vómitos durante o embarazo enjuáguese a boca con auga para quitar o ácido.

Unha boa saúde dental durante o embarazo ten un impacto positivo na súa saúde e na do seu bebé. Despois do embarazo continúe mantendo un bo nivel de hixiene dental para evitar problemas. Doutra banda, cando os dentes do teu pequeno comecen a asomarse non dubide en limparllos cunha gasa ou cun cepillo pediátrico ultrasuave despois das comidas.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica