CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

As emocións maternas afectan á saúde oral dos nenos

CLEVELAND, Ohio, EE.UU.: Segundo un novo estudo de EE.UU., os factores psicosociais maternos son importantes predictores das caries en idade adolescente. Nunha una enquisa a máis de 200 nenos, os investigadores atoparon que a saúde emocional e o nivel educativo das nais durante as idades tempranas dos seus fillos poden influir na súa saúde oral aos 14 anos de idade de maneira significativa.

A dinámica familiar pode afectar á saúde oral dos nenos.

Os investigadores da Case Western Reserve University School of Dentistry levaron a cabo un estudo de cohortes retrospectivo en 224 participantes adolescentes mediante a recopilación de información médica e sanitaria dos nenos e das súas nais co fin de evaluar o benestar dos nenos a idades de 3, 8 e 14. Analizaron o número de dentes cariados, dentes permanentes ausentes ou restaurados, e mediuse a prevalencia da placa dental.

As nais dos nenos completaron un cuestionario acerca dos tratamentos preventivos, consumo de alimentos e a frecuencia das visitas ao dentista. Os datos revelaron que, mesmo con tratamentos accesibles con seguro dental, tratamentos con fluor e seladores a unha idade temperá, as caries non sempre se puideron previr a idade de 14 anos, dixo Suchitra Nelson, profesor da escola.

Os investigadores atoparon que as nais con estudos superiores, estados emocionais saudables e coñecementos avanzados sobre a dieta axeitada que han de levar os seus fillos, tiveron nenos con dentes sans. O aumento do estrés e a menor capacidade de facer fronte a situación cando o neno tiña 3 anos, relacionáronse co aumento tanto de visitas ao dentista coma de problemas de conduta durante a adolescencia. Non obstante, un maior apoio social á mesma idade relacionouse directamente cunha menor taxa de dentes perdidos, cariados ou restaurados en idades adolescentes.

estudo será publicado na edición de setembro da revista Journal of Dental Research.

 

Dental Tribune Internacional

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica