CLÍNICA PARDIÑAS BLOG

Sedación Consciente durante os tratamentos dentais

A sedación consciente é un método utilizado para lograr un estado controlado de depresión do sistema nervioso central con redución da ansiedade.

É realizada por un médico anestesiólogo, que durante o tratamento dental monitoriza as constantes vitais (tensión arterial, frecuencia cardíaca e saturación de osíxeno), e axusta a medicación en función de cada paciente.

Este tipo de sedación permite ao paciente manter os reflexos protectores (tose, náusea...), a habilidade para respirar independentemente e responder a estimulos ou ordes verbais.

Está indicado principalmente para pacientes moi ansiosos ou temerosos fronte aos tratamentos dentais, nenos e pacientes minusválidos, podendo utilizarse para calquera tipo de especialidade odontolóxica.

Este método implica o uso de óxido nitroso, osíxeno e uso de medicación intravenosa para inducir ao paciente nun estado de sedación, o cal posteriormente non terá ningún recordo dos procedementos odontolóxicos realizados.

Antes de realizar o tratamento con sedación consciente, necesitarase ter unha historia médica completa, lista da medicación que actualmente estea a tomar o paciente, así como unha analítica de sangue.

Ademais entregaráselle o consentimento informado que terá que traer asinado o día da intervención e as normas para someterse a un tratamento odontolóxico baixo sedación, entre as que se inclúen o acudir en xaxúas e acompañado.

Comunicación de la Clínica

Comunicación de la Clínica